APP Centros NetIniciar sesión |
Ballet SolidarioO Sábado 3 de Decembro terá lugar un Ballet Solidario "Polo dereito a unha educación digna das nenas e nenos de Honduras". O espectáculo, organizado pola ONG ACOES Galicia con Honduras, comezará ás 20.00 h. e no mesmo participarán a Escola Municipal de Danza de Oleiros, o Conservatorio Profesional de Danza da Diputación de A Coruña e o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. Os beneficios que se obteñan irán destinados ás tres escolas que ACOES mantén no extrarradio de Tegucigalpa. A iniciativa conta coa colaboración dos centros participantes ademáis dos Concellos de A Coruña e Oleiros e da Diputación de A Coruña. Unha fila cero para quen desexe colaborar e non teña oportunidade de ir A organización puxo en marcha unha "Fila 0" na conta da ONG onde se poderán ingresar os donativos. As Entradas, que están á venda no quiosko Municipal da Praza de Ourense (A Coruña), tamén se poderán adquirir na taquilla do Ágora o día do espectáculo. Tamén están a disposición en Ticketea: https://www.ticketea.com/entradas-ballet-entradas-gala-de-ballet-solidaria-con-honduras/ Máis info en www.ACOES.org |