Skip to Content

Blogues

FELICES FESTAS DE NADAL!!!!!

 

VÍDEO DE PROMOCIÓN DO NADAL DO CONCELLO DE TUI NA QUE OS ALUMNOS E PROFESORES DO CONSERVATORIO PROFESIONAL INTERPRETAN O TEMA PRINCIPAL DA PELÍCULA "LA VIDA ES BELLA"

FELICIDADE E AMOR PARA TODOS!!!

FELICES FESTAS DE NADAL!!!

Enlace concerto "Un conto de nadal" en streaming

 

ACCESSO AO STREAMING DA ACTUACIÓN FACENDO CLICK AQUÍ

Hoxe, as 19:30 hs. no paseo da corredera de Tui, terá lugar "un conto de nadal" de 100 anos de berbena galega coa orquesta Ocaband. Nesta actuación 26 alumnos da Escola de Música de Tui cantarán "Pero a tu lado" de los Secretos, nunha interpretación espectacular tal e como se pode escoitar no vídeo do ensaio que está ao comezo deste artigo!!

A xente que non poida acudir pode seguir todo o concerto vía streaming facendo click no enlace superior.

Suspensión da actividade lectiva no centro durante o luns 6 , martes 7 e mércores 8 de decembro

O vindeiro luns día 6 de decembro, festivo polo día da constitución, martes 7 de decembro, día de libre disposición anual do centro, e mércores 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción, NON HABERÁ CLASES NO CENTRO.

Polo tanto, a actividade lectiva RENOVARASE o xoves 9 de decembro con total normalidade.

Laura Ramírez Fernández (violonchelo) e Lucía Ramírez Fernández (violín) no acto contra a violencia de xénero 25 N en Tui

A PORTA VIOLETA DE ROZALEN

 

 

COR ESPERANZA DE DIEGO TORRES

 

Celebración do acto institucional do Concello de Tui para o 25N, día Internacional da Violencia contra as mulleres

Hoxe, 25 de novembro, ás 18:00 hs. na praza do concello terá lugar o acto institucional para conmemorar o día internacional da violencia contra as mulleres do Concello de Tui.

Nesta ocasión especial, o acto contará coa participación de dúas alumnas destacadas do centro: Laura Ramírez Fernández (violonchelo) e Lucía Ramírez Fernández (violín) acompañadas ao piano polo profesor do centro Jacobo González Álvarez. Esta formación interpretará arranxos dos temas "Color esperanza" de Diego Torres e "A porta violeta" de Rozalen.

O Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui súmanse así á loita contra a violencia machista e anima a todos os membros da comunidade educativa e persoas da comarca a participar neste acto!!

Renovación parcial do Consello Escolar 2021

     

A Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos establece que a renovación parcial dos seus membros terá lugar durante o próximo mes de novembro.

Segundo o artigo segundo de dita resolución, a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre o 22 e 29 de novembro, ambos os dous incluídos.

A misión deste órgano é asumir a responsabilidade máxima colexiada do funcionamento do conservatorio, para o que precisa da participación de todas as persoas afectadas (nais e pais, alumnado, profesorado, pas). A súa constitución é obrigatoria en todos os centros.

A partir do mes de novembro publicarase no centro e nesta web o calendario completo do proceso.

Animamos a presentarse a toda a comunidade educativa!:

  • Alumnos maiores de 14 anos do conservatorio.
  • Pais/Nais de alumnos matriculados no conservatorio para o curso 2021/2022 que non sexan maiores de idade.
  • Profesorado do centro.
Distribuir contido


by Dr. Radut