try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

DÍA DAS LETRAS GALEGAS "XELA ARIAS"

A Real Academia Galega adicaralle a Xela Arias,unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, o Día das Letras Galegas de 2021.

Xela Arias é autora dunha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida. Destaca tamén a súa labor como editora e tradutora que verteu milleiros de páxinas de clásicos universais ao galego.

 

DISPOÑIBLE O CALENDARIO DO CIFP A GRANXA 2021

Xa podes descargar o calendario 2021, froito do concurso de fotografía organizado polo Equipo de dinamización da Lingua Galega do CIFP. É ben fermoso!

LISTAXE DE ADMITIDOS NA ACCIÓN FORMATIVA PARA O DESEMPREGO (AFD)

Relación de alumnos admitidos no curso de "Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría". Curso 2020/000281.

 

MODELO DE RECLAMACIÓN Á CUALIFICACIÓN DO MÓDULO DE PROXECTO

Pódese atopar anexo o modelo de reclamación a cualificación final dun módulo profesional

ALUMNOS CS EDUCACIÓN E CONTROL AMBIENTAL DISTANCIA

ACCESO Á PLATAFORMA PARA O "CICLO SUPERIOR DE EDUCACIÓN E CONTROL AMBIENTAL A DISTANCIA"
O Ciclo Superior de Educación e Control Ambiental a distancia desenvolverase a través da aplicación de FP A distancia e podedes acceder á mesma pinchando no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fpadistancia/login/index.php
i
ntroducindo o voso nome de usario e contrasinal que recibichedes despois de realizar a matrícula no ciclo.
Se tendes problemas para acceder debedes poñervos en contacto coa UAC, tendes a información de contacto no seguinte enlace:

RESIDENCIA DE ESTUDANTES DO CIFP A GRANXA

No arquivo adxunto encontrarase o regulamento interno de residencia.

As datas de pagamento do primeiro trimestre serán do 11/09/20 ao 15/09/20 (fianza máis trimestre).

Terán que traer o material que se indica no regulamento de réxime interno de residencia.

OFERTA FORMATIVA CURSO 2020/2021

RÉXIME ORDINARIO

  • CB AGROXARDINARIA E COMPOSICIÓNS FLORAIS
  • CM XARDINARÍA E FLORARÍA
  • CM PRODUCIÓN AGROECOLÓXICA
  • CM ACEITES DE OLIVA E VIÑOS
  • CS XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
  • CS EDUCACIÓN E CONTROL AMBIENTAL
  • CS VITIVINICULTURA

RÉXIME ADULTOS

  • CS PAISAXISMO
  • CS XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
  • CS EDUCACIÓN E CONTROL AMBIENTAL
  • CS VITIVINICULTURA

FP DUAL (CICLO COMPLETO)

  • CM ACEITES DE OLIVA E VIÑOS

FP DUAL (2º CURSO)

  • CM PRODUCIÓN AGROECOLÓXICA
  • CS EDUCACION E CONTROL AMBIENTAL

Un proxecto europeo con participación do CIFP A Granxa (Ponteareas) recoñecido como ‘historia de éxito’ por Erasmus+

O proxecto europeo Vitea, con participación da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do CIFP A Granxa (Ponteareas) acaba de ser seleccionado por un panel de expertos como Story Success, segundo comunicou a Dirección Xeral de Educación, Xuventude, Deportes e Cultura da Comisión Europea.

Solicitude certificados

Para a solicitude de certificacións académicas deberá de entregarse cuberto o documento adxunto ademais de fotocopia do DNI. 

Os certificados non se entregan no momento, polo que é imprescindible solicitalos anticipadamente.

Co ánimo de facilitar o seu trámite poderase facer a solicitude por correo electrónico a cifp.granxa@edu.xunta.es. Como norma xeral, deberá recollerse presencialmente. 

Distribuir contido