try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CIFP A Granxa

Equipo de dinamización da lingua galega

DÍA DAS LETRAS GALEGAS "XELA ARIAS"

A Real Academia Galega adicaralle a Xela Arias,unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, o Día das Letras Galegas de 2021.

Xela Arias é autora dunha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida. Destaca tamén a súa labor como editora e tradutora que verteu milleiros de páxinas de clásicos universais ao galego.

 

DISPOÑIBLE O CALENDARIO DO CIFP A GRANXA 2021

Xa podes descargar o calendario 2021, froito do concurso de fotografía organizado polo Equipo de dinamización da Lingua Galega do CIFP. É ben fermoso!

Entroido 20-21 no CIFP A Granxa

O pasado 12 de febreiro, para conmemorar o Entroido neste atípico ano lectivo 20-21,o alumnado,profesorado e persoal laboral do noso centro  participou nun obradoiro de eco-percusión impartido polo músico percusionista cubano, Didier Díaz. Contaxiados polo entusiasmo de Didier e a paixón pola música,  aprenderon nocións básicas como a pulsación, o manexo das baquetas e os ritmos en eco, empregando material de reciclaxe, bidóns e cubos de pintura."

Saúdos

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe celébrase o día de Rosalía de Castro coincidindo co aniversario do nacemento da nosa escritora mais universal. 

Presentamos  a  poesía:"Tecín soia a miña tea" cantada pola profesora do noso centro Emma Iglesias,a modo de homenaxe.
Esperamos que sexa do voso agrado.
 
 
Apertas.Edlg

Máis sobre o entroido!

O mellor entroido do mundo, preme neste enlace

 

 
As xeneralas da Ulla, un espectáculo de rúa para todos os públicos sobre os entroidos galegos:preme neste enlace

GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA!

Tras unha longa deliberación xa temos as gañadoras e gañadores do concurso de fotografía "Un día na Granxa". Podes ver as fotografías gañadoras no PDF que está adxunto a esta publicación e, se o prefires, tamén podes atopar todas as imaxes na nosas redes sociais. Síguenos!

Temos que agradecerlle  a Julio Eiroa a súa participación como fotógrafo experto do Xurado na elección dos  6 premios de fotografía

 Os gañadores e gañadoras do concurso son:

O ENTROIDO

 

O Entroido é unha das festas máis celebradas en toda Galicia, onde a tradición e o humor son case unha soa verba. Como nos gosta aos galegos o Entroido!

 

Equipo de dinamizacion da lingua galega

Para potenciar o uso da lingua galega está constituído un equipo de dinamización da lingua galega da que formarán parte os distintos colectivos do centro: profesores, alumnos, persoal non docente.

Para contactar:

edlg.cifp.granxa@edu.xunta.gal

 

Distribuir contido