try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CIFP A Granxa

Procedemento para as reclamacións das cualificacións finais nos centros

Normas xerais: Despois das aclaracións oportunas co profesor, se procede o alumno (nos casos de maiores de 18 anos) ou seu representante legal, pai/nai (nos casos de menores de 18 anos) poderán solicitar por escrito a revisión da cualificación no prazo de dous días lectivos a partir daquel en que se produciu a súa comunicación.

Debido as circunstancias extraordinarias que nos acompañan, o período de reclamacións serán os días 14 e 15 de abril ás 13 horas. Enviarase o modelo adxunto por correo electrónico ao cifp.granxa@edu.xunta.es

Adxúntase o modelo de solicitude

 

abalarMóbil

O venres 3 de abril publicaranse as notas da 2ª avaliación na aplicación abalarMóbil, para elo será necesario que a teña descargada no seu teléfono móbil. 

 
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 
 
 

“Servizos dixitais educativos”, novo temático no portal espazoAbalar

Sáb, 28/03/2020 - 13:23

Xa está dispoñible un novo apartado no portal espazoAbalar no que se recollen os principais servizos dixitais educativos que están a disposición da comunidade educativa para organizar o seu traballo: páxinas web dos centros en Webs dinámicas, aulas virtuais, app de comunicación abalarMóbil para familias, servizo de comunicación espazoAbalar para profesorado e centros, servizo de videoconferencia, ferramenta de portfolio Agueiro, rede social do profesorado Redeiras, libro dixital E-Dixgal, e Escolas Na Nube.

Ademais, a partir da vindeira semana, iranse incluíndo neste espazo videotitoriais que expliquen de forma sinxela o uso destas ferramentas ao profesorado que o necesite.

O enderezo de “Servizos dixitais educativos” é:

 

Novas anteriores

 Como xestionar o estudo e traballo académico desde casa?

 

Establece unha rutina de traballo, fíxate un horario, similar ao que tes no CIFP e traballa todas as materias que se te van indicando.

 

Cando descanses entre unha materia e outra, evita facer descansos moi longos (uns 5 -10 minutiños poden ser suficientes). Durante eses descansos podes comer ou beber algo, relaxar a vista… evitando tarefas o   actividades que poidan captar máis a túa atención (evita pór series, xogar a videoxogos, ter longas conversacións polas redes sociais) xa que haberá tempo dabondo para iso durante o resto do día.

 

Aínda que internet e as redes van facilitar que accedas aos contidos, non permitas que outros fins te distraian no horario que tes marcado para o estudo.

 

É aconsellable, aínda que esteas na casa, tratar de prepararte coma se foses a vir a un día de clase, pois axuda a ter a mente enfocada ao traballo.

Distribuir contido