Emprendemento

 

Emprendemento solidario

 Este xoves, 22 de decembro, fixose entrega dos “balancíns solidarios” elaborados no noso centro, ás responsables da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas de Ferrol.

Moitísimas grazas á responsable de orientación, e ós equipos de madeira e soldadura, pola súa implicación e traballo desinteresado.

PREMIOS EDUEMPRENDE IDEA 2022.

Xa temos premiados no concurso “Eduemprende Idea”, e os proxectos presentados polo centro quedaron en moi boa posición.

Dentro dos 3 primeiros premios quedou “TERMO JUM”, dos alumnos Juan Camba e Maikel Prado, do CM de Instalacións de Telecomunicacións, cun magnífico premio de 1000€.

 

Na cuarta posición dos non premiados, o proxecto “Brétema”, de Margarita Etchevers, alumna do CM de Instalacións de Telecomunicacións de distancia, que cursou o ciclo no curso 2019/2020, xunto cunha compañeira do CIFP Ánxel Casal, Isabel Somoza.

 

Parabéns gañadores!!!

ENTREGA DOS PREMIOS DO II CONCURSO DE IDEAS EMPRENDEDORAS "A TÚA IDEA NUN MINUTO" 2022

ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DE IDEAS EMPRENDEDORAS "A TÚA IDEA NUN MINUTO" 2022

PARABÉNS GAÑADORES!!!!!

 

 

 

PREMIADOS NO II CONCURSO "A TUA IDEA NUN MINUTO" 2022

Xa temos gañadores do II Concurso de ideas emprendedoras “A túa idea nun minuto” 2022!!!!!.

Reunido o xurado o 25 de maio de 2022, os gañadores son os seguintes:

- 1º Premio(300 €):    “TERMOJUM”   Juan Camba García e Maikel Prado Jorge (CMIT2) 

- 2º Premio(150€):     “Reciclaxe de residuos de secadoras”    Raúl Caneiro Paz  (CSAR1)

- 3º Premio(50€):     

 OzonotechGabriel Montero Vázquez  (CMIT1)

  “Plataforma busca de empresas FCT Pablo Alvárez Rodríguez (CSAR2)

  "Complemento para vasos”Alberto Estévez Ferreiro (CSDFM2)

  “3DCars” Cristina Camacho Sánchez (CSAU1)

Queremos dar a noraboa a todos os gañadores e tamén a todo o alumnado participante neste concurso.

Volveremos convocar o Concurso novamente o próximo curso académico e esperamos a participación de tod@s. 

Os premios serán entregados o 31 de maio as 11:00 hs.  nun acto que se celebrará na Biblioteca do CIFP Ferrolterra.

Parabéns gañadores!!!

Podedes ver os vídeos gañadores na canle de youtube do Viveiro de empresas do CIFP Ferrolterra (picando no nome de cada proxecto).

 O vídeo premiado:  "TERMOJUM”

 

 

 

II Edición do Concurso de Ideas emprendedoras: "A túa idea nun minuto"

II Concurso de Ideas emprendedoras: "A túa idea nun minuto"

O CIFP Ferrolterra convoca o II Concurso de ideas emprendedoras co obxectivo de fomentar o emprendemento e impulsar a innovación e a creatividade entre o alumnado.

Dirixido a  todo o alumnado do centro ,matriculados no curso académico 21/22, FPB, ordinario, modular e dual.

Podedes participar individualmente ou en equipos.

O prazo de presentación de ideas ao Concurso é dende o 1 de marzo ata o 15 de maio de 2022.

INSCRICIÓN NO CONCURSO:

- Formulario que aparece no enlace:  https://forms.gle/PiH695YkQqYTLDeJ8 

 - Qr que aparece no cartel do concurso ou aquí

 

Se precisades asesoramento ou seguimento da vosa idea na Coordinación de emprendemento e no Departamento de FOL estamos ao voso dispor para que a poidades presentar ao Concurso. 

Para participar no Concurso tedes que expoñer a Idea nun VIDEO dun minuto de duración como máximo e envíalo á seguinte dirección de correo: viveiroe.cifpferrolterra@gmail.com

Recorda que a presentación é o que vai ver o xurado, realiza unha boa presentación!!!!.

XURADO estará composto por membros da Dirección, profesorado e alumnado das familias profesionais do CIFP Ferrolterra.

E o momento de que deas a coñecer a túa idea, porque a túa idea pode ter premio €€€€€€.

  As mellores ideas terán premio en metálico:

- 1º Premio: 300€

- 2º Premios: 150€

 -3º Premio: 4 Premios 50€ c/u

As Ideas serán valoradas segundo os seguintes criterios de 1 a 4 puntos:

Presentación da idea

Se a idea satisface unha necesidade existente no mercado?

Se a idea pode levarse á práctica (viable)

Se a idea é orixinal, innovadora e diferente

PARTICIPADE NO CONCURSO DE IDEAS EMPRENDEDORAS

Esperamos os vosos VIDEOS!!!!!

Animádevos a dar a coñecer as vosas ideas!!!!

IDEAS = €€€€€€€€€€€€€€

FORO CAFÉ EMPRENDEDORES 2022 NO CIFP FERROLTERRA

FORO CAFÉ EMPRENDEDORES 2022 NO CIFP FERROLTERRA

 

Nos próximos días o alumnado de 1º curso de ciclos formativos terá a oportunidade de poder participar no "Foro Café emprendedores" na biblioteca do centro e poder compartir un café cun emprendedor do sector de actividade da súa familia profesional.

Os emprendedores invitados este ano son os seguintes:

Electricidade e electrónica:

. Eva Somolinos: AcercArte (realidade virtual) lúns 25/04 ás 12:00 hs

. Pablo estevez insua: Av. Valón, martes 26/04 ás 12:00 hs.

Fabricación mecánica:

. Jaime Fraga Ulfe: Herrería Jaime, xoves 28/04 ás 10:30 hs.

Automoción:

. Mario Pita e Iván Freire: Taller PF Ladeira, lúns 02/05 ás 12:30 hs.

Madeira

- Instalacións de Carpinteiría Buxo SL xoves 12 de maio ás 10:00 hs.

CAFÉ CON EMPRENDEDORES

VIDE TOMAR UN CAFÉ Á BIBLIOTECA E COÑECEDE A ESTES EMPRENDEDORES E OS PROXECTOS QUE ESTÁN A DESENVOLVER NA COMARCA DE FERROLTERRA!!!!!!

 

 

Visita do alumnado de Automoción a Yacarcross

O alumnado de 1º curso da Familia profesional de Automoción realiza unha visita formativa á empresa YacarCross.

O obxectivo da visita foi achegar ao alumnado a emprendedores de referencia no sector da automoción nunha actividade organizada pola Coordinación de emprendemento. 

O alumnado tivo ocasión de compartir unha xornada con Perfecto Calviño Prego, empresario e campeón de España de autocross, visitando as instalacións onde fabrican coches de carreiras e departindo co emprendedor sobre a súa traxectoria empresarial e os seus logros deportivos.

 

 

Eduemprende Atrévete 2022

EDUEMPRENDE ATRÉVETE 2022 NO CIFP FERROLTERRA

O CEIP O Marbán de As Somozas e o CPI de San Sadurniño fixeron unha visita ao noso centro para coñecer a nosa oferta formativa, os talleres, profesorado e alumnado dentro do programa da Consellería de Educación "Eduemprende Atrévete".

 

 

PROGRAMA EDUEMPRENDE ATRÉVETE 2022 NO CIFP FERROLTERRA

PROGRAMA EDUEMPRENDE ATRÉVETE 21 DE ABRIL 2022 NO CIFP FERROLTERRA

 

Este curso 2021/2022 contamos con dous centros que participan no Programa Eduemprende Atrévete, que terá lugar o 21 de abril:

- CEIP O Marbán (As Somozas)

- CPI de San Sadurniño 

 

 

CERTAME DE COOPERATIVISMO NO ENSINO 2022

 

No DOG núm. 13 do 20 de xaneiro de 2022 publicouse a Orde 17 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia,.

O certame ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo ente o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.