Visita do alumnado de Automoción a Yacarcross

 

O alumnado de 1º curso da Familia profesional de Automoción realiza unha visita formativa á empresa YacarCross.

O obxectivo da visita foi achegar ao alumnado a emprendedores de referencia no sector da automoción nunha actividade organizada pola Coordinación de emprendemento. 

O alumnado tivo ocasión de compartir unha xornada con Perfecto Calviño Prego, empresario e campeón de España de autocross, visitando as instalacións onde fabrican coches de carreiras e departindo co emprendedor sobre a súa traxectoria empresarial e os seus logros deportivos.