PREMIOS EDUEMPRENDE IDEA 2022.

 

Xa temos premiados no concurso “Eduemprende Idea”, e os proxectos presentados polo centro quedaron en moi boa posición.

Dentro dos 3 primeiros premios quedou “TERMO JUM”, dos alumnos Juan Camba e Maikel Prado, do CM de Instalacións de Telecomunicacións, cun magnífico premio de 1000€.

 

Na cuarta posición dos non premiados, o proxecto “Brétema”, de Margarita Etchevers, alumna do CM de Instalacións de Telecomunicacións de distancia, que cursou o ciclo no curso 2019/2020, xunto cunha compañeira do CIFP Ánxel Casal, Isabel Somoza.

 

Parabéns gañadores!!!