Emprendemento

 

DIA DO EMPRENDEMENTO NO CIFP FERROLTERRA 1 DE FEBREIRO DE 2022

DIA DO EMPRENDEMENTO 21/22

 

O día 1 de febreiro celebramos no CIFP Ferrolterra o "Día do emprendemento" cunha serie de actos e obradoiros para todo o alumnado de 2º curso de ciclos formativos de FP.

De 10:00 a 11:00 hs terá lugar no Salón de actos e por videoconferencia para todo o alumnado de 2º curso de FP o Programa Eduemprende Actúa 21/22 cunha Mesa redonda coa presencia dos seguintes participantes:

- IGAPE: Verónica Rodríguez Ruzo

- Emprendedores exalumnos do CIFP Ferrolterra:

  • Francisco López Balado (Septentrio Technologies)
  • Alma Yadira Tenreiro (Residencia canina El Bosque)
  • Jorge Rico Fraga ( San Martín Aluminios)
  • Federico López-De Saa (Ferdymac Automotive))

O alumnado teredes posibilidade de coñecer de primeira man a experiencia destes emprendedores e facer as preguntas que queirades para interaccionar con todos eles.

A partir das 11:00 hs. teran lugar na Aula de emprendemento do CIFP Ferrolterra uns Obradoiros de diversa temática relacionada co emprendmemento para o alumnado que queira inscribirse neles.

Para a inscrición tedes que picar na seguinte ligazón ou ben no Qr que tedes na cartelería do evento e encher o formulario de inscrición correspondente. Cada obradoiro ten unha duración de 1 hora. O aforo para estes obradoiros está limitada  a 16 alumn@s.

https://docs.google.com/forms/d/1-ziLn7-HTztiDj1kF8PVEXh5k8_BxFRATB5DXmcs_70/edit

Obradoiros:

  • "Grabación e edición de vídeos" para presentar proxectos/ideas" Diana Candelero (11:00-!2:00 hs.)
  • "Creatividade para a innovación" Promoveconsultoras (12:30-13:30 hs:)
  • "Elevator pitch" Presentación de proxectos. Fundación Ronsel (13:30-14:30 hs.)
  • "Habilidades emprendedoras" Fundación Ronsel (18:30-19:30 hs.)
  • "Elevator pitch" Presentación de proxectos. Fundación Ronsel (!9:30- 20:30 hs.)

Esperamos a vosa participación no Día do emprendemento e que as actividades sexan do voso interese.

Participade e inscribídevos nos Obradoiros!!!!!

 #CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

OBRADOIROS DE VIABILIDADE/TENDENCIAS ALUMNADO 2º CICLOS FP

Obradoiros de Viabilidade/Tendencias 

O luns 10 de xaneiro darán comezo os obradoiros de viabilidade para os proxectos de empresa que o alumnado de 2º curso de ciclos formativos está realizando no módulo de EIE.

Estes obradoiros realizaranse ao longo de toda a semana na Aula de emprendemento e nas horas do módulo de EIE.

Os Obradoiros serán impartidos pola Fundación Ronsel.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de emprendemento e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGeneration-EU.

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

 

TALLER PRÁCTICO LINKEDIN

TALLER PRÁCTICO LINKEDIN PARA PROFESORADO 

O martes 14 de decembro, de 16:00 hs. a 18:30 hs terá lugar no CIFP Ferrolterra, un Taller práctico de LINKEDIN para o profesorado do centro.

O taller será impartido por Alex López López, experto en social selling e en RRSS. 

Neste taller práctico coñeceremos as utilidades da ferramenta Linkedin para o emprego, o emprendemento, acceder a información de empresas, dar a coñecer o centro,...

Para facer este taller é conveniente ter creado una conta de Linkedin previamente.

Está actividade está promovida dende a Coordinación de emprendemento e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGeneration-EU.

O Programa do Taller é o seguinte: 

  • EL ENTORNO DIGITAL

  • EL MODUS OPERANDI EN EL ENTORNO DIGITAL Cómo nos afectarán los cambios en  las redes sociales de mayor uso. LinkeIn, Cómo funciona la mayor red social profesional

  • MEDICIÓN ACTUAL DE LA MARCA PROFESIONAL. Análisis actual de la marca profesional de los asistentes. Mejora del posicionamiento del perfil. Estrategia de palabras clave. La importancia de la privacidad. Medición actual de la marca

  • CONTACTOS. Nuevos métodos para contactar. Búsqueda avanzadas para encontrar decisores. Estrategias de mensajería. Creación de alarmas. Busqueda segmentada de empresas. Universidades como canal para contactar.
  • OPTIMIZACIÓN DE LAS HERRAMIENTAS DE LINKEDIN. Gestión y mejora del feed de actividad. Cómo sacarle partido a los grupos de LinkedIn. Como sacarle partido a la pagina de empresa Tendencias Linkedin 2022
  • LA IMPORTANCIA DE OFRECER CONTENIDO DE VALOR. Qué publicar en Linkedin para aportar valor a clientes y prospectos. Cómo buscar contenido. Herramientas de publicación. Medición de las acciones
  • CÓMO MEDIR EL RESULTADO DE NUESTRAS ACCIONES. Herramientas de medición de acciones en social media 

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

CHARLAS DE MOTIVACIÓN AO EMPRENDEMENTO

CHARLAS DE MOTIVACIÓN AO EMPRENDEMENTO PARA O ALUMNADO DE 2º CURSO DE FP

 

 

Os días 2 e 3 de decembro terán lugar no Salón de actos do CIFP Ferrolterra as CHARLAS DE MOTIVACIÓN AO EMPRENDMENTO 2021-2022 para todo o alumnado de 2º curso de ciclos de FP (inclúe o alumnado de 2º de FP Básica e o alumnado de 1º curso da Familia profesional de Enerxía e auga).

As charlas serán dinamizadas pola empresa PROMOVECONSULTORAS. Asistirán emprendedores de cada unha das Familias Profesionais.

Os horarios e os emprendedores asistentes para cada Familia profesional serán os seguintes:

 

FAMILIA PROFESIONAL

DÍA/HORARIO

EMPRENDEDOR

Nº de alumn@s

ELI/ELO

2 decembro/10-11 hs.

Jorge Castro (Electrónica del Noroeste)

56

MADEIRA

2  decembro/11:30-12:30 hs.

 Fernando Lorenzo(Taller Sangiovanni Lorenzo)

33

METAL

2 decembro/13-14 hs

Diego Castro Calderería

42

AUTOMOCIÓN

3 decembro/10:30-11:30 hs.

Aida Meizoso Fernández (Talleres Aira)

43

MECATRÓNICA/ENERXÍA E AUGA

3 de decembro/12-13 hs.

Jesús López Carreira (TeuVento)

40

 ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!!

Obradoiros de Habilidades emprendedoras

 

Obradoiros de Habilidades emprendedoras

Os días:

29 e 30 de novembro

- 9 e 10 de decembro

Terán lugar os Obradoiros de Habilidades emprendedoras para o alumnado de 2º curso de ciclos de FP do CIFP Ferrolterra.

Celebraranse na Aula de emprendemento e no módulo de EIE.

Os obradoiros serán impartidos pola Fundación Ronsel. 

PROGRAMA EXPLORER UDC

 

PROGRAMA EXPLORER UDC

Queres emprender e adquirir as habilidades transversais? 

Se tes entre 18 e 31 anos e ganas de xerar un impacto positivo no mundo, inscríbete en Explorerbyx.org antes do 9 de decembro. 

O programa Explorer axúdache a experimentar o emprendemento como opción profesional. Traballarás sobre a túa idea transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030, cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social. 

•Lugar: UDC A Coruña Space e UDC Ferrol Space  

•Duración: 12 semanas (do 24 de xaneiro ao 24 de abril de 2022) 

•Prezo: gratis 

•Participación: só/a ou en equipo (máximo 5 persoas) 

•Metodoloxía: learning by doing (sesións presenciais ou virtuais e espazo en liña de traballo social e colaborativo). 

•Titorización: cada proxecto será guiado e acompañado por un/unha coordinador/a e un xcout (mentor/a). 

•Beneficios: 

o Certificado de participación para os proxectos que completen as actividades do programa. 

o Explorer Trip: viaxe dunha semana de duración no verán de 2022 á European Innovation Academy de Oporto, Portugal. 

o Validación da idea coa que aplicahes ao programa. 

o Comunidade: acceso a unha comunidade global de mozos innovadores con máis de 1.000 participantes en cada edición e a incorporación de Explorer Spaces latinoamericanos e europeos. 

Participa e apúntate co teu proxecto. Prazas limitadas.  

Máis información e inscrición:

UDC A Coruña Space - UDC Ferrol Space

EMPREGO UDC- emprego.vepem@udc.es 

Videoconferencia "Emprendemento e Redes Sociais"

 

VIDEOCONFERENCIA "EMPRENDEMENTO E REDES SOCIAIS"

O venres día 12 de novembro, de 11:45 a 13:00 hs terá lugar a Videoconferencia "Emprendemento e Redes Sociais" para todo o alumnado de 2º curso de ciclos formativos

O ponente será Alex López López,empresario e experto en Social Selling e  influencer mundial en social selling. A ponencia versará sobre o emprendemento e a contorna dixital.

O programa desta videoconferencia recolle a seguinte temática:

-AS POSIBILIDADES QUE OFRECE O MUNDO DIXITAL PARA EMPRENDER

  • Por qué estar en redes e en qué redes estar en función dos obxectivos

- COMO ACTÚA O CLIENTE DIXITAL

  • Coñecer o proceso de compra na actualidade
  • Diferencias entre o mercado B2B e o mercado B2C

- ESTÁ A TÚA MARCA PRAPARADA?

Cómo mellorar a nosa marca e o posicionamiento actual na rede

 - FERRAMENTAS PARA MELLORAR :

  • Prospección
  • Escoita Activa
  • Seguimento
  • Medición das accións

-  A IMPORTANCIA DE OFRECER CONTIDO DE VALOR

 - COMO PREPARAR E PRESENTAR UN PROXECTO

 - EXERCICIO PRÁCTICO

Dende a Coordinación de emprendemento esperamos que sexa unha actividade de aproveitamento tanto para o  alumnado como do profesorado.

Esperamos a vosa participación nesta actividade de emprendemento que explica cómo utilizar as redes sociais para favorecer a comunicación na rede a través de plataformas e ferramentas idóneas da contorna dixital actual.

#FPGalicia; #CIFPFerrolterra 

 

 

CONGRESO "EMPRENDE TRASANCOS"

ASISTENCIA AO CONGRESO "EMPRENDE TRASANCOS"

Invitación ao alumnado e profesorado do CIFP Ferrolterra para asistir  ao Congreso " EMPRENDE TRASANCOS"   que se celebra no IES Terra de Trasancos o o día 13 de outubro no PAZO DA CULTURA DE NARÓN.Dispoñemos de 40 invitacións para asistir a este Congreso. 

Todos aqueles que estedes interesados podedes poñervos en contacto coa Coordinadora de Emprendemento do CIFP Ferrolterra no Viveiro de empresas do centro (1º andar) ou co profesorado que vós imparta o módulo de EIE. 

Programación do Congreso:

Data: 13 de outubro

Horario: 10:30-13:30

Lugar: Pazo da cultura de Narón (sairemos en transporte dende o CIFP Ferrolterra)

Organiza: IES TERRA DE TRASANCOS

Asistentes:  alumnado/profesorado de formación profesional dos centros da comarca integrantes no proxecto AULAS DE EMPRENDEMENTO da Xunta de Galicia e VIVEIROS DE EMPRESA.

Actos e ponencias:

-10:30- Presentación do Congreso Directora Graciela Galdo IES TERRA DE TRASANCOS e autoridades de EDUEMPRENDE.

- 10:45-11:15 Alma Yadira Tenreiro Lopez, Propietaria Residencia Canina El Bosque y Mas Cuidados Multiservicios, antigua alumna de formación profesional ,emprendedora de éxito de Narón que contará a súa historia de emprendemento. Moi involucrada no mundo asociativo, tanto na protección animal coma no mundo empresarial. Actualmen te membra da xunta directiva de AJE Ferrolterra e de AJE Galicia.

- 11:15-11:45 David Fernández Veloso . Ponencia “Emprender con éxito”.CMO & Co-Founder en Breiko Breiko , formador e mentor de emprendedores. Impulsor de www.emprendizaje.es

- descanso 15 minutos.

- 12:00- 12:30: Marta Vázquez Dopico. Xerente da Cooperativa do Val e avogada, que contará a súa historia de empoderamento femenino e explicará a importante labor da cooperativa na comarca.

-12:30- final.Fernando Salinero: Ponencia “ ¿ Cómo hacer un proyecto apasionante?”Escritor, Consultor de Empresas, Formador de directivos, empresarios e profesionales. Conferencias motivadoras cun toque de humor. https://fernandosalinero.es. Socio fundador da consultora Utopía Leonardo, Escuela Profesional de la Venta e do Instituto de Desarrollo Pyme {www.idpyme.com). No campo da escritura ten numerosos premios literarios a nivel nacional. Autor cinco Libros: La casa al revés, ¿Por qué fracasan Las empresas? (2010) y ¡No es una crisis! Es un cambio estructural (2012), Qué leches es el estado del bienestar, Storycoaching y La senda del tigre.

Esperamos a vosa asistencia!!!!!! 

Animádevos!!!!

COORDINACIÓN DE EMPRENDEMENTO CURSO 2021/2022

Las carreras profesionales están evolucionando a velocidad de vértigo |  ExceLence Management

Benvid@s ao  Curso 2021-2022!!!!!!!!!

Dende a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ferrolterra vós damos a benvida dende este espazo na web que ten como obxectivo comunicarvos todas aquelas actividades que teñan coma finalidade impulsar e promocionar o espirito emprendedor entre o alumnado do noso centro educativo.

Neste espazo iremos informando de todos o relacionado co Emprendemento e que poida ser do voso interese: Actividades de emprendemento desenvolvidas para o alumnado, ligazóns de interese, proxectos do centro, Premios e concursos, café con emprendedores,..

No viveiro de empresas, situado no primeiro andar do CIFP Ferrolterra,  queremos crear un espazo para difundir, impulsar e promocionar a iniciativa emprendedora , onde apoiar e asesorar a todos aqueles alumn@s que detecten unha oportunidade de negocio e desexen desenvolvela e plasmala nun plano de empresa. Axudámoste no asesoramento e titorización do teu proxecto de empresa.

A Coordinación de emprendemento está ao voso dispor no seguinte horario:

Luns: 11:45- 12:45 hs.

Martes: 13:00-15:00 hs.

Miércoles: 10:45- 11:45 hs.

Xoves: 14:00- 15:00 hs.

Viernes:  10:45- 11:45 hs. 

No CIFP Ferrolterra contamos cun Viveiro de empresas: un espazo que conta con despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora. No viveiro tamén terás asesoramento, titorización e acompañamento para a teu aventura empresarial por parte d@s Titores de viveiro.

Poden acceder os alumn@s que teñan un proxecto empresarial que vaian desenvolver en Galicia, que estean matriculados no derradeiro curso nun ciclo formativo de formación profesional, os que  remataran nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.

O procedemento de acceso consiste en:

- Entrevista incial co titor do viveiro para analizar a idea de negocio.

- Axuda no proceso de elaboración do plano de empresa

- Se o proxecto é considerado coma  viable, asinarase o Contrato de cesión de espazo no viveiro de empresas do CIFP, para usar de forma gratuíta as instalacións do viveiro como sede da túa empresa.

- Poderas instalarte nas instalacións do viveiro por un prazo de 2 anos, prorrogable nalgúns casos ata 3 anos.

Se tes unha idea emprendedora pasa polo Viveiro de empresas do CIFP Ferrolterra, ofrecémosche asesoramento, instalacións, acompañamento....para o teu proxecto!!!!

GAÑADORES DO CONCURSO DE IDEAS EMPRENDEDORAS 2021 "A TUA IDEA NUN MINUTO"

Xa temos gañadores do Concurso de ideas emprendedeoras “A túa idea nun minuto” 2021!!!!!.

Reunido o xurado o 14 de maio, os gañadores son os seguintes:

1º Premio (250€):   - Sergio González Salutrgui  “Aeroxenerador caseiro”  https://youtu.be/X8dDIiM6Djw

2º Premio(150€):   - Alba Martínez VilaboyVenta  “Trebellos”    https://youtu.be/Ul9jWUCJN44

3º Premio (50€):     - Yasser Urimaure Díaz “Ideas de chocolate impre3d”  https://youtu.be/AKfq62aO3Oo

                             - José Manuel Grandal Piñeiro “Aseotruck”   https://youtu.be/eLUkfdM2_4g

                             - Gabriel Piñón Torrente “Ivernaticos”    https://youtu.be/phQWYkeNNjs

                             - Walter A. Pando “Restaurante para eólicos”  https://youtu.be/wv84MoC0GTY

 

Queremos dar a noraboa a todos os gañadores e tamén a todo o alumnado participante neste concurso.

Volveremos convocar o Concurso novamente o próximo curso académico e esperamos a participación de tod@s. 

Os premios serán entregados na Biblioteca do CIFP Ferrolterra  o próximo día 27 de maio as 12:00 hs. 

Noraboa gañadores!!!!

Podedes ver os vídeos gañadores na canle de youtube do Viveiro de empresas do CIFP Ferrolterra, picando nas ligazóns que tedes a carón dos premiados. O vídeo premiado é  "Aeroxenerador caseiro"