Emprendemento

 

Presentación do Viveiro de Empresas para o alumnado

Que son os viveiros de empresa?

Un viveiro de empresas é un local dividido en despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora. 

 

Que ofrece un viveiro de empresas dun centro educativo?

Asesoramento. 

•Formación e apoio do profesorado que imparte formación relacionada co sector onde se desenvolverá o teu proxecto. 

•Titoría polo coordinador ou a coordinadora de emprendemento, responsable do seguimento e da orientación no teu proxecto. 

•Asesoramento de persoal técnico especialista. 

Instalacións. 

•Locais axeitados para o desenvolvemento das actividades das persoas emprendedoras. 

•Moblaxe básica propia dunha oficina. 

Servizos. 

•Servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.).

•Servizos auxiliares da actividade empresarial, como conexión a internet. 

Os viveiros proporcionan ademais unha plataforma para establecer relación con outras empresas, administracións e outras institucións, o que facilita coñecer outras experiencias e abrirse camiño no mercado. 

 

Quen pode empregar os viveiros educativos?

Pódeno facer as persoas que teñan un plan de empresa viable e que estean matriculadas no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional, ou remataran os seus estudos de FP nos últimos catro anos, e tamén as que estean a estudar bacharelato. 

Información sobre os viveiros en :

Visítanos no viveiro de empresas situado no primeiro andar.

CIFP Ferrolterraviveiro.cifp.ferrolterra@edu.xunta.es

 

Xornada adicada ao emprendemento na Semana Ensino Empresa

Participantes na xornada de Emprendemento 28 de xaneiro (Alumnado de 2º curso)

-10:00- 11:30 hs. Chusa Expósito Casal

Socia Cooperativa Milhulloa e cofundadora de MuUlloa. Membro da Comisión Social de Coop. 57.

Ponencia: Finanzas éticas: fórmulas de financiamento alternativas á banca tradicional

-12:00 - 14:00 hs "A actividade emprendedora como chave para o teu futuro" Programa Eduemprende Actúa 2019/2020 

Verónica Rodríguez Ruzo:  Consultora Promove e representante do IGAPE que dinamizara a mesa redonda con alumnos e exalumnos emprendedores do CIFP Ferrolterra.

Emprendedores participantes na mesa redonda: 

●Rubén Pico Meizoso: (exalumno CM Carrocería) Talleres Venezuela (Narón)

●Andrés Mosquera Rodríguez:( alumno CM Carpintería) Autónomo

●Emilio Romero Fabal: (exalumno CM Carpintería e moble) Xoguetería “O muiño do Fabal” (Narón)

●Xose Manuel González Vide: (exalumno CM Instalacions eléctricas e automáticas). Videlectricidade (Narón)

●Patricia Filgueira Vázquez: emprendedora Espacio Vivo (Ferrol)

Esperamos a vosa participación e as vosas preguntas para os emprendedores.

Obradoiros de Emprendemento no CIFP Ferrolterra

       Emprendemento no CIFP Ferrolterra

           Obradoiros de Dinamización e Motivación ao Emprendemento dirixidos aos alumnos de segundo curso de ciclos formativos

    Obxectivo: Achegar, fomentar e motivar o espírito emprendedor entre o alumnado do CIFP Ferrolterra como alternativa para introducirse no mercado laboral.

    Datas: 14, 21 e 28 de Novembro

    Impartido por PROMOVE, consultoría e formación SLNE

 Contido dos Obradoiros:

I.-Sesión de Motivación ao Emprendemento.

      Data: 14 de Novembro de 10:45 -11:45

      Dirixido a todos os alumnos de 2º curso de ciclos formativos.

      Programa: - Razóns para non emprender. Desmontando mitos.

        • Fontes de ideas de negocio.
        • Casos de éxito relacionadas coas familias profesionais do CIFP Ferrolterra.
        • Inscrición do alumnado interesado nos talleres II e III.

II.-Creatividade e Innovación. Identificando Oportunidades de negocio

       Data: 21 de Novembro  de 10:45 -11:45

       Dirixido a todos os alumnos de 2º curso interesados en participar na actividade.

       Programa: - Que é a creatividade e a innovación empresarial.

        • Analizando ON na nosa contorna. 
        • Empresas reais que aplican a innovación/creatividade.

            III.-Análise e Avaliación de Oportunidades de Negocio

    Data: 28 de Novembro de 10:45 - 12:45

    Dirixido a todos os alumnos de 2º curso interesados en participar na actividade.

    Programa: - Lean Canvas: ferramenta para a avaliación de ON.  

        • Análise de proxectos empresariais reais co CANVAS.
        • Práctica: Análise das ideas de negocio escollidas polos alumnos coa ferramenta CANVAS.
        • Obxectivo: Presentación de proxectos ao Concurso de Ideas que vai levar a cabo no centro: “Emprendendo no CIFP Ferrolterra”.