Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

VISITA Á REHABILITACIÓN DO ESTALEIRO DE CIPRIÁN (OUTES)

Visita ó estaleiro de Ciprián - Outes

O alumnado dos ciclos de Edificación visitaron a rehabilitación integral dun antigo estaleiro na enseada de Broña, en Outes. A rehabilitación realizouse mantendo as características orixinais do vello estaleiro do ano 1942, sendo reutilizadas pezas orixinais como as cerchas da cuberta ou as táboas do cerramento do taller.

VERIFICACIÓNS III RALLY RIBEIRA RÍA DE AROUSA '2023

Reportaxe video gráfico das verificacións técnicas levadas a cabo pola organización do Rally Ribeira 2023 nas instalacións do Dept. de Automoción do CIFP Coroso.

DESPEGANDO ETIQUETAS - 30/11/2023 Na Biblioteca

Á nosa mente encántalle clasificar; é unha crack etiquetando toda clase de situacións, momentos, persoas...Catalogamos o mundo que nos rodea para ter a percepción de certo orden e estabilidade.

Estamos rodeados de etiquetas postas por outras persoas ou incluso, por nós mesmos. Pero estas etiquetas non nos representan. Moitas delas, son como un post-it e son temporais, pero tamén existen outras que son unha tatuaxe, cronifícanse e van deixando marca na nosa personalidade.

RALLYE RIBEIRA - Charla e caso práctico co alumnado de Automoción do CIFP Coroso

A organización de Rallye Ribeira organizou esta fin de semana unha charla e caso práctico co alumnado de Automoción do CIFP Coroso.

Ver en Instagram: https://www.instagram.com/p/CzTX37_skz9/

TECENDO REDES CON ARMANDO ROSAL REY

O pasado día 15 deste mes de novembro, en horario de 09:30 a 11:30 da mañan, tivo lugar na Biblioteca do CIFP Coroso unha nova actividade; Tecendo Redes, a cal trouxo como persoa invitada, a Armando Rosal Rey.

Tecendo Redes

DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO

Con motivo do día das Bibliotecas , 24 de outubro e baixo o lema " Unha biblioteca diversa: un mundo por explorar"  o noso alumnado de FPB  desfrutou visionando a película  Billy Elliot. Xa que este ano nos centrámos na igualdade, respecto e diversidade entre as persoas.

Día das Bibliotecas 2023

ACTIVIDADES DO SAMAÍN

Con motivo da celebración do Samaín realizáronse no centro varias actividades: decoración do centro con temática de Samaín e defuntos, elaboración e degustación de produtos típicos desta data e como peche da semana, contamos coa presenza do monologuista Quico Cadaval que nos descubriu contos e historias cun mesmo fío condutor, o mundo dos vivos e dos mortos.

CELEBRAMOS O SAMAIN CON QUICO CADAVAL

Para celebrar o Samaín no CIFP Coroso contamos coa presenza de Quico Cadaval que nos contará historias que terán como eixe o máis alá o mundo paranormal e estarán ambientadas  no  noso entorno máis próximo.
Asistirá todo o alumnado de Ciclos Superiores, arredor de 80 alumnos/as.

O Samaín con Quico Cadaval

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS