Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

Oferta de actividades extracurriculares para o alumnado

 

Este curso está previsto impartir como oferta extracurricular para o alumnado de ciclos medios e superiores do centro, dous obradoiros en inglés de carácter voluntario:

OBRADOIRO 1:
“English for travelling”. Traballaranse entre outros os seguintes contidos: facturar no aeroporto, coller un taxi, sacar diñeiro do caixeiro, na farmacia, ó teléfono etc. (10 horas).
Visión de películas en inglés subtituladas (en inglés ou castelán), con motivo das efermérides celebradas no centro (25 novembro, 30 xaneiro, 8 M, 5 xuño) (4h).
“How to write your Curriculum Vitae Europass” (6h).

OBRADOIRO 2:
Arduino Workshop, trataranse diversos contidos de ensino-aprendizaxe nun contexto interdisciplinario tipo STEAM. Algúns destes contidos, implementando vocabulario en inglés técnico, serán os seguintes:
- Coñecemento da tecnoloxía Arduino: compoñentes e linguaxes de programación
- Realización de pequenas maquetas. Impresión en 3D
- Exemplos de aplicacións que se poderían implementar nos procesos industriais