Curso 2012-13

Visita ao zoo

O 27 de febreiro, desafiando ao intenso frío dese día de inverno, os rapaces e rapazas de 1º e 2º, xunto coas profes Eva, Cris e Amparo, visitamos o zoo da Madroa. Pasamos unha xornada estupenda ao tempo que aprendemos moito sobre o marabilloso mundo dos animais: habitat, alimentación, relacións, reprodución...

A monitora, que se chamaba Pi, contounos cousas moi interesantes dos animais que iamos vendo. Encantounos coñecer o segredo das tartarugas caimán: "Atraen ás presas cando se acercan a comer a súa lingua en forma de verme"
Ademais de divertirnos coñecemos animais que non temos oportunidade de ver salvo nos libros ou na internet, como as tartarugas caimán, aguias, lince, panteira negra, oso, cebras,  elands, avestruces, muflóns, lobos, macacos...  

Os nenos e nenas de Vigo temos a sorte de que na nosa cidade haxa un zoo que, aínda que é pequeño, está moi limpiño e moi ben coidado!!

Para ver máis fotos da visita podedes ir á Galería

Visitamos Coruña

               
  O día 5 de febreiro estivemos en Coruña para coñecer A CASA DAS CIENCIAS, A CASA DO HOME e A CASA DOS PEIXES.

Na CASA DAS CIENCIAS había unha planta enorme chea de xogos educativos, outra estaba destinada a unha exposición sobre DARWIN, e arriba de todo estaba o planetario onde poidemos aprender a historia das estrelas.

FOI IMPRESIONANTE!!!

Na CASA DO HOME (DOMUS), primeiro vimos unha película en 3D sobre os arrecifes con gafas especiais. Logo comemos nun comedor moi chulo con vistas á praia de Riazor e despois de comer poidemos visitar todo o museo e aprender con todos os xogos educativos que alí hai.

PASÁMOLO XENIAL AQUÍ!!!

Por último A CASA DOS PEIXES. Alí a nosa guía Raquel ensinounos: a sala NAUTILUS (onde coñecemos a "Gastón"), como lle daban de comer ás focas (9 femias e 4 machos), os "farmacuáticos" (mediciñas que se obteñen dos peixes)...

ISTO FOI ESPECTACULAR!!!

 

A excursión foi estupenda, pasámolo xenial e non tivemos ningún tipo de problema. O malo foron as horas de viaxe no autobús, pero... 

VALEU A PENA A VIAXE POLO BEN QUE O PASAMOS!!!

 

Para ver máis fotos pincha AQUÍ

Reciclaxe de papel

O día 3 de decembro fomos ao Centro Cívico de Teis a un obradoiro de papel reciclado.

Primeiro vimos un vídeo onde explicaban a orixe do papel e a súa evolución ao longo da historia.

Logo ensináronnos a facer papel con diferentes tipos de pasta (de eucalipto, de bambú, de algodón...)

As profes Esther, Berta e Ánxela practicaron como facelo para despois ensinarnos a nós. 

Déronnos todo o material que precisabamos para facer nós o reciclado no colexio e uns días máis tarde puxémonos

MANS Á OBRA!!!!

A uns saíalles ben e a outros regular pero pasámolo xenial experimentando.

Despois de feitos, prensados e secados cada un levou o seu papel de recordo.

QUEREMOS AGRADECER AO CENTRO CÍVICO QUE ORGANICE ACTIVIDADES TAN CHULAS.

 

Máis fotografías na nosa GALERÍA

Distribuir contido