Visita ao zoo

O 27 de febreiro, desafiando ao intenso frío dese día de inverno, os rapaces e rapazas de 1º e 2º, xunto coas profes Eva, Cris e Amparo, visitamos o zoo da Madroa. Pasamos unha xornada estupenda ao tempo que aprendemos moito sobre o marabilloso mundo dos animais: habitat, alimentación, relacións, reprodución...

A monitora, que se chamaba Pi, contounos cousas moi interesantes dos animais que iamos vendo. Encantounos coñecer o segredo das tartarugas caimán: "Atraen ás presas cando se acercan a comer a súa lingua en forma de verme"
Ademais de divertirnos coñecemos animais que non temos oportunidade de ver salvo nos libros ou na internet, como as tartarugas caimán, aguias, lince, panteira negra, oso, cebras,  elands, avestruces, muflóns, lobos, macacos...  

Os nenos e nenas de Vigo temos a sorte de que na nosa cidade haxa un zoo que, aínda que é pequeño, está moi limpiño e moi ben coidado!!

Para ver máis fotos da visita podedes ir á Galería