Conxuntas

AFUNDACIÓN

O pasado martes, 17 de novembro, o alumnado de 1º, 2º e 3ºvisitou a Fundación Caixanova para participar no obradoiro “Historias de un pincel que non sabía pintar”.

 

Neste obradoiro contáronnos a historia dun pincel que non sabía pintar, mentres nos ían mostrando diferentes obras pictóricas realizadas con diferentes técnicas (rodillo, brocha grosa e pincel fino). Descubrimos obras de Picaso, Miró, Kandinski e despois o noso alumnado plasmou nunha folla (con cores e gomets) a súa visión da obra de Wassily Kandinski. Foi unha experiencia creativa e diferente.

 

Baixo o título "Detectives para unha colección de arte", o alumnado de 4º,5º e 6º tivemos unha clase de arte moi especial na sede Afundación na que a colección ABANCA na súa exposición "Tradición, cambio e innovación" reúne obras de artistas ben recoñecidos do século XX galegos, cataláns, canarios... e tamén estranxeiros.

Distribuidos en grupiños de catro, participamos nunha actividade na que tiñamos que descubrir certas obras de arte segundo unhas breves preguntas cuxas respostas levaríannos ata as obras en cuestión. Así identificamos" Blanquecino" de Kandiski, "As rosas sangrantes" de Dalí, "Retrato de muller"de Maside,"A Feira"de Colmeiro...

 

 

Rematamos a visita cun obradoiro no que creamos os nosos propios bodegóns de froitas cadradas; curiosa, divertida e orixinal maneira de ver laranxas ou mazás!!!

ASTRONENO

Nós tamén soñamos!!!

 

O mércores 17 de decembro de 2014, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º do Colexio fomos ao Centro Comercial Travesía pois había unha exposición dos astros.

Fomos todos a pé pero… por turnos, primeiro os maiores de 5º e 6º, logo os de 4º e finalmente os de 2º e 3º.

 

 Alí recibiunos un monitor dándonos as normas e xa pasamos a darlle o nome de cada un a unha moza.

Dábannos un traxe branco como o dos astronautas da NASA, a algúns éralle 3 ou 4 tallas máis grande, pero gustábanos, tamén nos deron protectores para o calzado. Logo co casco, si que pareciamos verdadeiros astronautas.

Entramos nunha cápsula escura e cunha pantalla. Parecía que estabamos flotando!!

       

Despois fixemos un percorrido no que nos explicaban os planetas, a maqueta dun satélite artificial e a exposición de fotografías: con diferentes astronautas e cohetes.

Deixamos os traxes e fomos ao punto de encontro, onde nos agardaban os agasallos e os diplomas que as profes nos entregaron.

ñlo

QUEN NOS DERA VISITAR ALGÚN DESES PLANETAS!!!

A casa verde

       

     

As clases de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º quedaron valeiras pois as nosas aprendizaxes trasladáronse ao
Centro Comercial Travesía.

Alí fomos, moi ilusionados, para participar nun estupendo obradoiro no que, de forma lúdica, aprendemos aspectos moi importantes para axudar a coidar o medio ambiente.

Aquí deixamos algúns dos consellos que aprendemos:

   
         

Foi un obradoiro moi educativo.

Grazas ao Centro Comercial Travesía por ofrecernos esta actividade.

Máis imaxes na nosa GALERÍA de FOTOS

Distribuir contido