Conxuntas

A CORUÑA

Cada tres anos o alumnado do noso centro, que nese momento estea cursando 4º, 5º e 6º, ten a oportunidade de realizar unha viaxe superinteresante á cidade de A CORUÑA e poder coñecer, investigar e experimentar nos museos: Casa das Ciencias, Domus e Casa dos peixes.

Comezamos no Planetario vendo unha proxección audiovisual a cúpula completa, descubrindo estrelas, constelacións e analizando o Sistema Solar cos seus planetas, satélites e asteroides. Seguindo coa visita á CASA das CIENCIAS, observamos algunhas experiencias relacionadas co mundo físico e buscamos respostas para explicalas.
 

O paso pola DOMUS foi unha viaxe interactiva que espertou a nosa curiosidade facéndonos reflexionar sobre temas relacionados co corpo humano.

Coñecerse a un mesmo, descubrir que nos fai humanos, por que nos parecemos aos nosos pais, cal é a velocidade dun tiro de penalti, observar as fases da evolución humana, contemplar imaxes dun parto real...

 
 

Por fin chegamos ao acuario e ademais de poder observar a diversidade mariña da costa galega, tivemos a oportunidade de coñecer a GASTÓN, un tiburón toro de tres metros de longo e cen quilos de peso que chegou ao acuario fai casi dez anos.

A visita rematou despois de saír ás piscinas exteriores e ver como daban de comer as focas. Encantounos velo!!!

Pasámolo xenial ao tempo que aprendemos un montón. Foi como recibir moitas clases de ciencias dun xeito divertido, experimentanto e tocando en todo o que iamos vendo... pois o que estaba prohibido era NON TOCAR.

FOI INCRIBLE!!!

Máis fotos nos seguintes enlaces.

CASA DAS CIENCIAS

DOMUS

ACUARIO

VISITA AO CONCELLO

O xoves 3 de decembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º visitamos o Concello de Vigo e alí, guiados por dous monitores, tivemos a oportunidade de visitar as súas instalacións e coñecer aspectos do seu funcionamento.
 

Subimos a pé ata a novena planta da torre e, aínda que algúns case non demos chegado, o esforzo mereceu a pena. Dende a sala de prensa as vistas da cidade e da ría eran espectaculares. Por un lado víase a zona de Bouzas, e polo outro todo o centro e a zona de Teis.

 

Mágoa que o alcalde estaba moi ocupado e non nos foi saudar Triste

Logo baixamos ao soto, á escola de música e danza, onde nos interpretaron unha fermosa cantiga acompañada con instrumentos tradicionais.

Por último dividíronnos en dous grupos para visitar o laboratorio, onde analizan sustancias coma a auga, e a sala de control de tráfico, dende a que se coordina o tráfico da cidade.

  
Máis fotos no enlace á nosa GALERÍA DE FOTOS

AFUNDACIÓN

 

O pasado martes, 17 de novembro, o alumnado de 1º, 2º e 3º visitou a Fundación Caixanova para participar no obradoiro “Historias dun pincel que non sabía pintar”. 

Neste obradoiro contáronnos a historia dun pincel que non sabía pintar, mentres nos ían mostrando diferentes obras pictóricas realizadas con diferentes técnicas (rodillo, brocha grosa e pincel fino). Descubrimos obras de Picasso, Miró, Kandinski e despois o noso alumnado plasmou nunha folla (con cores e gomets) a súa visión da obra de Wassily Kandinski. Foi unha experiencia creativa e diferente.

 

 

Baixo o título "Detectives para unha colección de arte", o alumnado de 4º, 5º e 6º tivemos unha clase de arte moi especial na sede Afundación na que a colección ABANCA na súa exposición "Tradición, cambio e innovación" reúne obras de artistas ben recoñecidos do século XX galegos, cataláns, canarios... e tamén estranxeiros.

Distribuídos en grupiños de catro, participamos nunha actividade na que tiñamos que descubrir certas obras de arte segundo unhas breves preguntas cuxas respostas nos levarían ata as obras en cuestión. Así identificamos "Blanquecino" de Kandiski, "As rosas sangrantes" de Dalí, "Retrato de muller" de Maside, "A Feira" de Colmeiro... 

 

 

Rematamos a visita cun obradoiro no que creamos os nosos propios bodegóns de froitas cadradas; curiosa, divertida e orixinal maneira de ver laranxas ou mazás!!!

MÁIS FOTOGRAFÍAS:   "Detectives pra unha obra de arte"    "Historia dun pincel que non sabía pintar"

Distribuir contido