Actividades ANPA

FIN DE SEMANA DEPORTIVO

CEP SANTA TEGRA NAS IV OLIMPÍADAS DE TEIS

Por cuarto ano consecutivo os nen@s do CEP Santa Tegra participaron, nas OLIMPÍADAS DE TEIS, o sábado 22 de abril, organizadas polas escolas do barrio de Teis.
Entre as disciplinas que se practican están: spelling, pentalón, balonmán, baile moderno, ximnasia rítmica e acrosport.
Os nosos pequen@s pasárono ben e disfrutaron dunha mañá deportiva.

   
  Agradecer a colaboración da “ teacher Estela” que preparou aos nenos e particiou no xurado e á mestra Rosa por representar á nosa escola.

  2ª XORNADA DE LIGA DE NATACIÓN ESCOLAR DE VIGO-2017

E rematando o fin de semana, o domingo 23 de Abril, os nen@s da nosa escola volveron a participar na competición de 25 metros a crol e 25 metros de costas no pavillón do Carmen.

Os nosos campións: Nerea, Pablo, Xabi, Gael, Miguel, Xián e Alan de costas.

IV OLIMPÍADAS DE TEIS

 Por cuarto ano consecutivo organizouse a andaina como acto inaugural das IV Olimpíadas de Teis o domingo día 2 de abril. Esta actividade está organizada por seis escolas de Teis.
Partindo do EEI Monte da Guía sobre as 11 da mañá, pais e alumnos fixeron a andaina polo litoral de Teis, Porto da Punta, polo Faro, a Etea, San Salvador de Teis e rematando no Parque da Riouxa. Alí presentamos o acto inaugural, xantamos, demos os premios aos mellores debuxos de infantil e primaria e logo tivemos animación por parte dun Mago.

   
Foi unha xornada apacible, bo tempo, xogos entre os nenos e disfrutámola todos, pequenos e maiores.   

Actividades ANPA

Entusiasmados, coma todos os anos, participaron sete alumnos en representación do CEP Santa Tegra: Nerea, Alan, Xabier, Pablo, Miguel e Xián.


Ademais de nadar 25 m a CROL e 25 m de COSTAS, pasárono moi ben.

   
Distribuir contido