IV OLIMPÍADAS DE TEIS

 Por cuarto ano consecutivo organizouse a andaina como acto inaugural das IV Olimpíadas de Teis o domingo día 2 de abril. Esta actividade está organizada por seis escolas de Teis.
Partindo do EEI Monte da Guía sobre as 11 da mañá, pais e alumnos fixeron a andaina polo litoral de Teis, Porto da Punta, polo Faro, a Etea, San Salvador de Teis e rematando no Parque da Riouxa. Alí presentamos o acto inaugural, xantamos, demos os premios aos mellores debuxos de infantil e primaria e logo tivemos animación por parte dun Mago.

   
Foi unha xornada apacible, bo tempo, xogos entre os nenos e disfrutámola todos, pequenos e maiores.