"De ti para mín" 2021

O pasado venres 23 de abril, celebramos no colexio a actividade “De ti para min”, na que os alumn@s de cada curso realizaron por parellas o agasallo dun libro cunha dedicatoria. Ese mesmo día, cada clase visionou nas aulas os vídeos que con tanto esforzo e dedicación enviaron as familias nos que recitaban poemas, contaban historias, etc.

 

Grazas á vosa colaboración, pasamos un GRAN DÍA DO LIBRO!

 

DESPEDIDA

 Chega o momento de despedirse do curso 2019-20. Foi un curso diferente e estraño, pero tamén especial. Tod@s ensinamos e aprendimos doutro xeito, tod@s tivémonos que adaptar á educación online e a relacionarnos na distancia. Pero toda experiencia, sexa boa ou mala, ten que servirnos como lección de vida. Tod@s traballamos e sufrimos xunt@s, tod@s nos esforzamos e intentamos axudarnos o mellor posible. A familia do CEP Santa Tegra está máis unida que nunca. Neste tempo de confinamento aprendemos a valorarnos máis os uns aos outros e a botar de menos as rutinas, as explicacións, os xogos do recreo, as festas, os libros…

O único seguro de todo isto é que o cariño e as lembranzas non mudaron, por iso, xa que non puidemos facer un festival presencial cunha graduación para o alumnado de 6º; reciclamos os nosos mellores desexos dun xeito moi especial. Cada curso elaborou un vídeo de despedida para o alumnado que marcha para o instituto. Tamén o profesorado de 6º que lles impartiu clase, quixo compartir nun vídeo as súas palabras máis íntimas e agarimosas.

Esperemos que vos guste este regalo, non só aos que rematades unha etapa da vosa vida neste centro, senón tamén ao resto do alumnado, ás familias, a toda a comunidade educativa…

 

GRAZAS A TOD@S E FELIZ VERÁN!!!

 

Clicando en cada unha das imaxes veredes os vídeos.

 

 
 
   

 

 

 

RECREANDO OBRAS DE ARTE

Museos de todo o mundo estiveron a retar  á xente para que recrearan os seus cadros.

Deixámosvos aquí as marabillosas creacións que fixeron as alumnas e os alumnos do noso centro con distintas técnicas. Clicando en cada imaxe poderedes velas con atención.

As creacións de 1º e 2º están publicadas no seu blog "MENUDA PANDA MOLONA" e tamén podedes velas clicando na seguinte ligazón: ARTE 1º E 2º

 

 

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!