Becas NEAE 2022-23

Dende o seguinte enlace podedes acceder ao SERVICIO ONLINE para solicitar as axudas para o alumnado con nesesidades educativas con apoio educativo para o presente curso 2022-23. A data límite é ata o 30 de setembro.

MODALIDADES:

  • Axudas directas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivada da súa discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves de comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Na que se inclúe TDAH.
  • Tamén pode ser beneficiario de axudas directas o alumnado con TEA, non incluído no parágrafo anterior.
  • Axudas para programas específicos complementarios para alumnado específico de apoio educativo asociado a altas capacidades.