Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Encontros co padriño

Visita do noso padriño

ACTOS 25º ANIVERSARIO

Celebrouse o XXV Aniversario do Colexio coa representación, por parte do grupo de teatro Bertorella, da obra "O can de San Roque", conto adaptado de Victoriano Taibo.

 

Puidemos gozar ademais da presenza do noso padriño Xosé Neira Vilas e da escritora e pedagoga Antía Cal, nunha emotiva charla-coloquio, seguida da actuación do grupo folclórico de Pinzás.

 

Descubriuse unha placa conmemorativa no que queda reflectida esta data tan significativa.

Como colofón desta conmemoración, realizouse un xantar ao que asistiron alumnado e profesorado do colexio, así como ex-alumn@s e ex-profesor@s e Anpas.

Pola tarde tivo lugar a festa de fin de curso e a visualización de fotografías da vida no colexio durante estes 25 anos.

Grazas a todos e todas por acompañarnos neste día tan especial

 


E... chegou o gran día da inauguración

O 17 de setembro de 2013  recibimos no colexio ao noso padriño Xosé Neira Vilas con motivo da inauguración da exposición da súa obra e maila da súa dona, Anisia Miranda.

O acto tivo lugar no vestíbulo do colexio, a carón dos andeis que recompilan toda a súa obra, un lugar preferente para unha persoa tan especial.

 

Gozamos moito da súa presenza e agasallou cunha dedicatoria a todas e todos os que quixeron traer un libro


O RECUNCHO DO NOSO PADRIÑO

 Se xa tiña un oquiño no noso corazón, desde agora Xosé Neira Vilas ten un recuncho no noso colexio, un espazo que recompila toda a súa produción literaria e que comparte coa súa dona Anisia Miranda, madriña da biblioteca do centro. 

A súa presenza cólmanos de  ledicia.

Agardamos siga enchendo os andeis deste recuncho cos seus libros e as mentes de todos e todas coas súas palabras.

 

SEMPRE É UN PRIVILEXIO CONTAR CO

NOSO PADRIÑO

Na sección galerías da web do colexio podedes ollar algunhas fotografías deste evento.

Deixámosvos unha pequena mostra


Inaugurado o recuncho coas obras dos "padriños"

Dentro dos actos da celebración das Letras Galegas, o mércores 22 de maio, inaugurouse o recuncho coas obras dos nosos "padriños". Dáse a casualidade de que o 21 de maio cumpríronse 20 anos da inauguración do Colexio co nome de "Xosé Neira Vilas" e a Biblioteca "Anisia Miranda". Daquela viñeron os dous escritores para celebrar o acto da inauguración. Desta volta agardamos que veña para o final de curso o noso padriño Xosé Neira Vilas para "re-inaugurar" este fermoso recuncho.

Tamén aproveitamos para entregarlle un agasallo a Silvia Pereira Figueroa, que foi a gañadora do concurso de mascotas para representar os VIGAS (Vixiantes do Galego)

 


 Visitounos o padriño!!!

 O pasado xoves, 8 de marzo (Día internacional da muller) recibimos a visita de Xosé Neira Vilas, o noso "padriño". Estivo vendo os traballos que fixemos sobre "Memorias dun neno labrego" (o ano pasado cumpriuse o 50 aniversario da súa publicación), e logo mantivo un encontro con todos (alumnado e profesorado) no salón de usos múltiples. Uns alumnos de 6º expuxéronlle un traballo que fixeron en Power Point e outros de 5º recitáronlle unha poesía que fixeron para el. Logo contestou a todas as preguntas que lle fixeron e contou moitas anécdotas relacionadas coa súa vida e as súas obras. Ao remate asinou libros a todos aqueles que llo pediron. Foi unha visita moi agradable! Grazas padriño!!

Distribuir contenido


by Dr. Radut