Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Actividades mensuais

Asamblea Xeral Ordinaria

Prezados socios e socias:

 
Esta mensaxe é un recordatorio da celebración da Asemblea Xeral Ordinaria de Espazo Lectura, que terá lugar o sábado, 12 de marzo de 2022, no Centro Cultural de Vincios (Piñeiro, 22), ás 11:00h en primeira convocatoria, e ás 11:30h en segunda convocatoria, con acordo á seguinte orde do día:

ORDE DO DÍA:

         1.- Lectura e, se procede, aprobación da acta anterior.

         2.- Ratificación, se procede, de baixas e altas de socios e socias.

         3.- Remodelación da Xunta Directiva.

         4.- Memoria de actividades do ano 2021.

         5.- Memoria económica do ano 2021.

         6.- Proposta de actividades e orzamento para o ano 2022.

         7.- Varios.

         8.- Rogos e preguntas.

 

A continuación celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada ás 13:15 horas, en primeira convocatoria, e ás 13:45 horas en segunda convocatoria, cun único punto na orde do día:

 

ORDE DO DÍA:

 

        1.- Aprobación da remodelación da Xunta Directiva.

 

Prégase a asistencia.

 
 
Atentamente,
Yaiza Peixoto 
Secretaria de Espazo Lectura

 

Actividades marzo

Prezados socios e socias:

Podedes consultar na nosa web e redes sociais e na axenda de eventos da web.
 
Lembrámosvos que xa está aberta a biblioteca provisional de Espazo Lectura, situada no no soto do edificio da Praza das Escolas Vellas (antigo centro de saúde) e á que se poderá acceder pola porta lateral que está en fronte da xoiería Vargas. O horario é de 17:00h a 18:00h e estará aberto todos os luns excepto festivos ou períodos vacacionais.
 
Todas as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria na que nos atopamos e aos protocolos vixentes en materia de limitación de aforo e de distancias de seguridade, hixiene e ventilación. 
 
Agardamos que a programación sexa do voso interese.
 
Saúdos,
 
O equipo de Espazo Lectura

Asamblea Ordinaria e Extraordinaria

 

Prezados socios e socias:
 
Por encomenda da Presidenta de Espazo Lectura convócase unha Asemblea Xeral Ordinaria e unha Asemblea Xeral Extraordinaria. Adxuntamos nesta mensaxe os documentos nos que se detalla a orde do día.
 
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA:
DATA: Sábado 12 de marzode 2022.
HORA11:00 horas en primeira convocatoria, e 11:30 horas en segunda convocatoria.
LUGAR: Centro Cultural de Vincios (Piñeiro, 22)
 
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA:
DATA: Sábado 12 de marzo de 2022.
HORA: 13:15 horas en primeira convocatoria, e 13:45 horas en segunda convocatoria.
LUGAR: Centro Cultural de Vincios (Piñeiro, 22)
 
Un saúdo,
 
Yaiza Peixoto
Secretaria de Espazo Lectura.

Actividades Febreiro

Prezados socios e socias:

 Achegámosvos a nota informativa coas actividades do mes de febreiro, que tamén podedes consultar na nosa web e redes sociais e na axenda de eventos da web.

 
Lembrámosvos que xa está aberta a biblioteca provisional de Espazo Lectura, situada no no soto do edificio da Praza das Escolas Vellas (antigo centro de saúde) e á que se poderá acceder pola porta lateral que está en fronte da xoiería Vargas. O horario é de 17:00h a 18:00h e estará aberto todos os luns excepto festivos ou períodos vacacionais.
 
Todas as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria na que nos atopamos e aos protocolos vixentes en materia de limitación de aforo e de distancias de seguridade, hixiene e ventilación. 
 
Agardamos que a programación sexa do voso interese.
 
Saúdos,
 
O equipo de Espazo Lectura

ACTIVIDADES

Prezados socios e socias:

 
Achegámosvos a nota informativa coas actividades do mes de xaneiro, que tamén podedes consultar na nosa web e redes sociais e na axenda de eventos da web.
 
O luns 17 de xaneiro xa se poderá facer uso do servizo de empréstito dos libros da biblioteca da Casa da Lectura. Provisionalmente estaremos no soto do edificio da Praza das Escolas Vellas (antigo centro de saúde), ao que se poderá acceder pola porta lateral que está en fronte da xoiería Vargas. O horario é de 17:00h a 18:00h e estará aberto todos os luns excepto festivos ou períodos vacacionais.
 
Todas as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria na que nos atopamos e aos protocolos vixentes en materia de limitación de aforo e de distancias de seguridade, hixiene e ventilación. 
 
Agardamos que a programación sexa do voso interese e aproveitamos para desexarvos un moi feliz ano lector.
 
Saúdos,
 
O equipo de Espazo Lectura

Actividades mes decembro

Prezados socios e socias:

 

 
Achegámosvos a nota informativa coas actividades do mes de decembro, que tamén podedes consultar na nosa web e redes sociais e na axenda de eventos da web.
 
Este mes haberá unha actividade especial para bebés a cargo de Atenea García que será na Biblioteca Municipal de Gondomar. Esta actividade requerirá inscrición previa e anunciarase nos vindeiros días coa información necesaria para poder solicitar praza nela.
 
Todas as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria na que nos atopamos e aos protocolos vixentes en materia de limitación de aforo e de distancias de seguridade, hixiene e ventilación. 
 
Agardamos que a programación sexa do voso interese.
 
Saúdos,
 
O equipo de Espazo Lectura

Actividades Novembro

Prezados socios e socias:

 
Achegámosvos as actividades do mes de novembro, que podedes consultar premendo nesta ligazón e na axenda de eventos da web.
 
Por outra banda, a Casa da Lectura estará pechada durante uns meses, pero reubicaremos a biblioteca para realizar o empréstito de libros noutro emprazamento, do que vos informaremos proximamente.
 
Todas as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria na que nos atopamos e aos protocolos vixentes en materia de limitación de aforo e de distancias de seguridade, hixiene e ventilación. 
 
Agardamos que a programación sexa do voso interese.
 
Saúdos,
 
O equipo de Espazo Lectura
 

Actividades Outubro

Á atención dos centros educativos socio-protectores de Espazo Lectura:

Como cada ano no mes de outubro, iniciamos as diferentes actividades tanto para adultos como para nenos e nenas. Neste correo adxuntamos a programación deste mes, onde se atopa como novidade a recuperación da actividade fundacional de Espazo Lectura: o Contomar. Celebrarase todos os luns ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar e cubriranse as prazas por orde de chegada ata completar a capacidade da sala. 

 
Por outra banda, a Casa da Lectura estará pechada durante uns meses, pero reubicaremos a biblioteca para realizar o empréstito de libros noutro emprazamento, do que vos informaremos proximamente.
 
Todas as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria na que nos atopamos e aos protocolos vixentes en materia de limitación de aforo e de distancias de seguridade, hixiene e ventilación. 
 
Por último, gustaríanos destacar a importancia de que vós, como centro educativo do Val Miñor apoiedes á asociación e difundades as actividades entre o voso alumnado e as súas familias. Como sabedes, a difusión que podedes facer desde os centros educativos é unha gran axuda para visibilizar as diferentes actividades que Espazo Lectura organiza grazas ao traballo das persoas que de xeito voluntario contribúen a deseñar unha programación cultural e de fomento e animación da lectura en lingua galega.
 
Adxuntamos a imaxe do calendario de outubro na seguinte ligazón: http://espazolectura.gal/actividades-outubro-2021/
 
De novo, moitas grazas polo voso apoio. 
 
Un saúdo,
 
O equipo de Espazo Lectura
Distribuir contenido


by Dr. Radut