Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Conócelas: Muller e Ciencia

Co gallo de conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 5º e 6º curso, participou nunha charla impartida pola investigadora do Programa Miguel Servet, no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Mónica Martínez. De primeira man, os nenos e nenas, tiveron a oportunidade de coñecer a traxectoria profesional dunha muller científica no campo da oncoloxía.


Aprenderon aspectos moi interesantes respecto da investigación sobre o cancro, ademais de animar as nenas, especialmente, a interesarse polo ámbito científico.


Mónica Martínez deu a coñecer ao alumnado ASEICA, "Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer", e a iniciativa CONÓCELAS, cuxo obxectivo é dar visibilidade a investigadoras científicas do cancro.


Grazas a Mónica Martínez pola súa magnífica exposición e pola súa implicación e o seu labor de investigación desta patoloxía


 

Visita ao Museo do Mar- 1º ciclo

 

O alumnado de 1º e 2º cursos visitamos o Museo do Mar en Vigo. No acuario  observamos distintas especies e tamén nos falaron da importancia do coidado dos nosos mares. Aprendemos a descubrir onde poñen ovos as raias e mesmo cantos dentes teñen as quenllas, entre outras moitas cousas.

 

PULSA NA FOTO

 

 

 

 

DISTINCIÓN REVITALIZA

O CEP Xosé Neira Vilas vén de recibir pola Deputación de Pontevedra a distinción REVITALIZA de Compostaxe Responsable. 

Unha distinción que se acolle con agradecemento e que premia o esforzo e ilusión de todas as persoas e o alumnado que o fixeron posible. Aínda que acudiron ao evento unha representación do alumnado, profesorado, familias, axentes de formación... transmítese que esta distinción é para toda a comunidade educativa a través da cal se fai necesario seguir camiñando na procura da sustentabilidade.  

Facer compostaxe no cole é unha maneira de abordar os valores do traballo en equipo e o respecto ecosocial, entre outros. Este proxecto está engranado dentro doutros  proxectos que se levan a cabo no centro de boas prácticas sostibles, o uso na horta ecolóxica traballada dende a permacultura, a xestión dos residuos nas aulas e no centro, o Recreo Residuo Cero, as Pandas Bolboreta...

A distinción foi entregada polo alcalde de Gondomar e os responsables do proxecto ao centro escolar, na que se agradeceu a implicación e compromiso, reiterando  os parabéns por tan merecida distinción.

https://twitter.com/depo_es/status/1620469955186802688

Dende o IES Terra de Turonio realizouse un acto de felicitación, con unha cálida acollida no mesmo, ao alumnado de 1º da ESO que o ano pasado participou activamente no proxecto. Grazas  ás compañeiras/os do IES e parabéns para eles/as.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesterradeturonio/node/883

 

Parabéns CEP Xosé Neira Vilas!

 

PULSAR NA FOTO 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ


Hoxe celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. O acto partiu da lectura dun manifesto por parte do alumnado e a celebración da carreira solidaria participando destes "Kilómetros de Solidaridade" que ademais de deporte supón educación e valores, onde todos nós, pero sobre  todo os máis pequenos, somos os protagonistas.

É con esta celebración,  queremos manifestar o noso rotundo rexeitamento a toda forma de violencia, xa sexa verbal ou física.

 

PREME NA FOTO PARA VER A PRESENTACIÓN

 


 

PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 23-24

 

   RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS DO 16 DE XANEIRO  AO 6 DE FEBREIRO.

PARA O ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS.

Ábrese o prazo para facer a reserva de praza para o vindeiro curso para o alumnado que procede de centros adscritos. (No noso caso teñen que facer a solicitude os alumnos/as que están en 6º curso para 1º da ESO no IES Terra de Turonio).


O prazo comprende dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro


As solicitudes poden descargalas ou solicitalas no centro.

Fai clic para acceder ás INSTRUCCIÓNS DE RESERVA DE PRAZA


Fai clic para acceder ao ANEXO I

 


IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

MARTES, 14 de febreiro ás  16:15 H

Un ano máis dá comezo o proceso de admisión para os centros adscritos: IES Plurilingüe Terra de Turonio e CRA ANTÍA CAL.

Por iso o martes, 14 de febreiro ás 16:15h celebramos esta xornada informativa e un percorrido polo centro para o alumnado procedente do CRA Antía Cal e alumnado doutras parroquias que soliciten o centro.

Esperámosvos! 

 

Se tedes calquera dúbida sobre o acceso, admisión ou queredes información xeral podedes chamar no horario de secretaría de de 12:50 h. a 13:40 h. de luns a venres. 

 

 

Bo Nadal e Feliz 2023!

Dende o CEP Xosé Neira Vilas desexamos que pasedes unhas boas festas e que o ano que se achega, estea cheo de boas cousiñas. Feliz 2023!

 

2º CONCURSO DE CONTOS DE INVERNO

 

 

 

PREMIOS PARAOS GAÑADORES E GAÑADORAS E PARA O ALUMANDO QUE PARTICIPOU. 

         

 PARABÉNS PARA TODAS E TODOS



Deixámosvos tamén o noso almanaque anual


 

Cobertura Servizo Integral de Reparación

Díptico informativo Servizo Integral de Reparación

Poñemos a disposición das familias a información referente as coberturas do equipamento do alumnado que pertence ó marco do proxecto ABALAR-EDIXGAL 

Se queredes consultar as características e cobertura do Servizo Integral de Reparación facede clic na imaxe.

 

Acceso á contratación:

https://coberturasir.plexus.es


881 505 136
8h-18h de luns a venres
8h-18h de lunes a viernes
coberturasir@plexus.es

Esta información estará dispoñible no bloque Proxecto Abalar E-dixgal


 

MERCADILLO DE NADAL EN GONDOMAR

Este sábado e domingo, 10 e 11 de decembro estivemos no mercadillo de Nadal. Dende o concello facilitáronnos un posto para vender os nosos produtos e conseguir cartos para a excursión de fin de curso. Os nenos e nenas de 6º estivemos vendendo marcapáxinas, pulseiras, postais de nadal, pegatinas...Ademais de ser unha nova experiencia, deseñamos, confeccionamos, demos valor aos produtos, publicitamos, vendemos, falamos, compartimos, convivimos... 

Para repetir!

                                  

                

Distribuir contenido


by Dr. Radut