Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Formación Familias

A Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) a través da súa organización en Pontevedra, COGAMI, presenta para as familias unha serie de formacións on-line.

Podedes consultar a oferta e inscribiros seguindo a información do documento adxunto a continuación.

Formación COGAMI-COCEMFE

O prazo de inscrición está ampliado ata o 28 de setembro.

23S: Concienciación polo clima

Hoxe, 23 de setembro, iniciamos a primeira película deste novo curso cunha actividade de concienciación sobre o cambio climático. Todas as aulas participamos desta orixinal produción e, a través dun acto simbólico, xuntámonos para colgar as nosas pancartas e as nosas creacións de visibilización sobre o clima. 

 

 

Actividades Extraescolares

Deixámosvos información das actividades extraescolares da ANPA para o presente curso. A inscrición terá de prazo ata o 23 de setembro a través da plataforma: https://activities.tokapp.net/

 

Reunións familias curso 2022-2023

Informámosvos das datas e horarios para as reunións de familias do presente curso 2022-2023:

Inicio curso 22-23

Mañá, 8 de setembro, daremos comezo a un novo curso escolar que, este ano vai ser de película! Benvidos e benvidas!

As clases comezarán como sempre no horario de 9:30 h a 14:30 h. O servizo de transporte pasará polas paradas habituais no seu horario. 

O servizo de comedor empezará mañá, día 8 de setembro, de 14:30 h a 16:00 h. Podedes recoller aos vosos fillos e fillas a partires das 15:30 h.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Equipo directivo

Aula Matinal 22-23

A ANPA porá en funcionamento para o presente curso a AULA MATINAL dende o luns 12 de setembro en horario de 8:00 a 9:30 horas.

Para a inscrición deberán cubrir o formulario que se atopa na páxina web e remitilo a mundoextraeducare@gmail.com

Para calquera información podedes poñervos en contacto a través da dirección de correo anterior.

IMPRESO AULA MATINAL


 

ENTREGA FONDO LIBROS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ENTREGA FONDO LIBROS 4º E.P

 

O mércores, 7 de setembro, entregaranse os lotes de libros correspondentes ao Fondo libros de 4º de Educación Primaria, no horario de 9:30h a 11:30h.

Listaxes definitivas de Material Escolar

Podedes consultar as listaxes de material escolar para o curso 22-23 en cada un dos niveis educativos.

 

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut