Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

CURSO ESCOLAR 2021/2022

AS CLASES DARÁN COMEZO O DÍA 9 DE SETEMBRO

O ALUMNADO DE 4º EI REALIZARÁ O PERÍODO DE ADAPTACIÓN

DO: 9 DE SETEMBRO AO 17 DE SETEMBRO. O DÍA 20 DE SETEMBRO INCORPÓRANSE A TEMPO COMPLETO.

O COMEDOR ESCOLAR COMEZA O 9 DE SETEMBRO PARA O ALUMNADO DE 5ºEI A 6ºEP.

A BIBLIOTECA ESCOLAR E ACTIVIDADES EXTRA-ESCOLARES DA ANPA COMEZARÁN O DÍA 20 DE SETEMBRO.

O ALUMNADO DE 4ºEI PODERÁ INCORPORARSE AO COMEDOR E AS ACTIVIDADES EXTRA-ESCOLARES O DÍA 20 DE SETEMBRO.

AS LISTAS DEFINITIVAS DE COMEDOR PUBLICARANSE O DÍA 8 DE SETEMBRO NO TABOLEIRO DE SECRETARÍA DO CENTRO.

 

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO/ MATERIAL ESCOLAR 2021-2022

Prazo de presentación das solicitudes: do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021

Información axudas.....preme aquí

Orde 6 de maio (DOG)....preme aquí

Extracto da Orde 12 de maio (DOG)....preme aquí

Solicitude....preme aquí

ENTREGA DAS SOLICITUDES E DA DOCUMENTACIÓN 

  • Presencialmente no centro escolar nas seguintes quendas para evitar aglomeracións....preme aquí                                                         (no cadro o curso que aparece refírese para o que vai o alumno/a no  curso 2021/22)
  • Poderá realizarse a solicitude accedendo á aplicación Fondo Libros: https:www.edu.xunta.es/fondolibros
  • Poderá realizarse a través da sede electrónica.

PRAZOS DA RESOLUCIÓN

Publicación das listaxes provisionais: 30 de xuño de 2021

Reclamacións ás listaxes provisionais: 1 e 2 de xullo de 2021

Publicación das listaxes definitivas: 5 de xullo de 2021

RECOLLIDA DOS VALES DE MATERIAL ESCOLAR E DE LIBROS DE TEXTO

Do 5 ao 9 de xullo de 2021. Poderán recollelos na secretaría do centro en horario 10h a 14h. Só poderá recollelos a persoa solicitante ou algún maior de idade autorizado, previa presentación de copia do DNI do solicitante e ensinando o seu DNI.

PRAZOS PARA SOLICITAR OS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR

 

Informámoslles que do 20 ao 31 de maio ábrese o prazo para presentar as solicitudes dos servizos complementarios (comedor e transporte escolar) do vindeiro curso 2021/2022 para o alumnado xa matriculado no centro. Estableceuse un cadro de quendas.

Se son dous irmáns ou máis poderán elixir a quenda que prefiran para a súa entrega.

As solicitudes poderán descargalas da páxina web do centro ou recollelas en administración. Deberán presentar unha solicitude por alumno/a pero achegar a documentación só nunha delas.

 Horario de entrega en administración de 9:30h a 14:00h.

 O alumnado novo poderá solicitar estes servizos no período de matrícula, do 21 ao 30 de xuño.

Solicitude comedor....prema aquí

Solicitude transporte...prema aquí

Cadro de quendas...prema aquí      (a quenda é a do curso para o que vai o alumno/a para o próximo ano)

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2021/22

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de praza para o vindeiro curso, en virtude do Art. 9 do Decreto 254/2012 que regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos considéranse ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES presentadas para os seguintes cursos:

4º ED. INFANTIL    5º ED. INFANTIL   

1º ED. PRIMARIA    2º ED. PRIMARIA    4º ED. PRIMARIA   5º ED. PRIMARIA

O mércores 7 de abril fixéronse públicas as listas provisionais de admitidos no taboleiro de administración. Estableceuse un prazo de reclamación de 5 días hábiles a partir da súa publicación.

As listas definitivas saen o 12 de maio. O período de reclamación será dun mes a partir do día da súa publicación.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro no horario de 10h a 14h. ou enviar un correo electrónico: ceip.wenceslao@edu.xunta.es

CRIBADO NO CENTRO 23 DE ABRIL

Estimadas familias:

Comunicamos que mañá venres 23 de abril Sanidade ten previsto realizar o cribado no noso centro escolar de 9:30h a 14:00h. Se algunha familia non o autoriza terá que enviar por correo electrónico: ceip.wenceslao@edu.xunta.gal ou polo alumno/a o seguinte documento.

DOCUMENTO DE NON AUTORIZACIÓN...prema aquí

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021 dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (profesorado, alumnado a patir de 5º de Educación Primaria, persoal non docente e familias).

O prazo está aberto desde o 12 ata o 29 de abril, ambos incluídos. Esta acción enmárcase dentro da futura Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025.

No seguinte enlace podrá acceder á ENQUISA DE CONVIVENCIA PARA AS FAMILIAS ......  prema aquí

Tera que acceder coa clave enviada dende o centro.

Se tivera calquera problema mande un correo a ceip.wenceslao@edu.xunta.gal ou chame ao 881880320

MOITAS GRAZAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN!!

 

Banco de xogos

Consulta a nosa xogoteca e axiña poderemos xogar no patio a moitos xogos¡¡

Distribuir contido