Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Carreira Solidaria 2022

Os días 27 e 28 de xaneiro, con motivo do "Día da Paz", celebramos a Carreira Solidaria. A pesar das circunstancias sanitarias (6º C non puido participar), cumpríronse os obxectivos da actividade.

Premendo na imaxe, enlazaredes ao vídeo. Grazas!

 

NOVAS PROTOCOLO COVID-19 NOS CENTROS EDUCATIVOS

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022

VERSIÓN 20/05/2022

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

publicado pola Dirección Xeral de Saúde Pública en Santiago de Compostela 20/04/2022.

Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la covid-19

ÚLTIMO COMUNICADO CONXUNTO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E SANIDADE CON RESPECTO A COVID-19 A 1/04/2022

prema aquí para acceder á información

A Xunta deixa de recomendar o uso das máscaras nos patios dos colexios

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36522

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN
SOBRE A XESTIÓN DE CONTACTOS ESTREITOS COVID-19 NO ÁMBITO
EDUCATIVO - 04/03/2022

 

O 14 de xaneiro de 2022 publicáronse novas medidas de adaptación ao protocolo COVID-19 nos centros educativos.

Deixamos aquí un enlace a dito protocolo.

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO
FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO
ÁMBITO
EDUCA
TIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Tamén achegamos o enlace ao protocolo dos test de antixenos que chegaron no día de hoxe (17/01/22) ao centro, estes test serán para o alumnado que o equipo Covid do centro estime oportuno testear nas aulas onde exista algún positivo.

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE
INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST
RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS
DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Aquí tedes un enlace a un vídeo explicativo de como realizar ditos test

https://www.youtube.com/watch?v=kzrpBcrK4-k

 

 

INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN.

O prazo de presentación de solicitudes será desde O 11 DE XANEIRO ATA O 8 DE FEBREIRO DE 2022.

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" na dirección web que se enlaza a continuación, http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado o formulario normalizado ED550A que se publica como Anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013.

Enlace ao formulario normalizado premendo ED550A

Información sobre a reserva de prazas ás familias aquí

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente no centro educativo e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de galicia, na aplicación "admisionalumnado", e na páxina web da consellería de educación.

A DOCUMENTACIÓN ENTREGARASE NA TITORÍA ÁS RESPECTIVAS TITORAS NO PRAZO INDICADO

VISITA DOS REIS MAGOS AO WENCESLAO NADAL 2021

Os Reis Magos viñeron de visita ao Wenceslao! para dar unha sorpresa a todas as rapazas e rapaces, sobre todo, aos máis pequech@s e desexarnos un moi bo Nadal!. Xa que non poidemos estar xunto con eles por mor da COVID-19.

Que gocedes da visita que nos fixeron!!!

PREMEDE NO ENLACE PARA VELOS

https://drive.google.com/file/d/1qVy8kr5pwnROXx1lNt_I1JJVhDwedEUe/view?usp=sharing

RECOLLIDA MÁSCARAS ALUMNADO BENEFICIARIO CURSO 2021/2022

Xa están dispoñibles na secretaría do centro as máscaras adquiridas para o alumnado beneficiario (alumnado que recibiu axuda para material escolar) no curso 2021/2022.

Poderán recollelas na secretaría do colexio en horario de 09:30 a 14:30, os pais - nais ou titores legais do alumnado ou outra persoa maior de idade, con autorización previa, e presentando a copia do DNI da nai - pai ou titor legal ademais de ensinar o seu DNI.

 

MENÚ MES DE DCEMBRO

ACHEGAMOS O MENÚ DO MES DE DECEMBRO DO COMEDOR ESCOLAR ACTUALIZADO

MENÚ DECEMBRO

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO CURSO 21/22

Neste apartado informamos da Orde do 28 de outubro de 2021 que regula os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado do centro neste curso 2021/2022, a continuación tedes o enlace a citada Orde:

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E)

O alumnado non beneficiario da axuda de material escolar e interesado, que cumpra os requisitos da orde anterior, terá que presentar a solicitude no centro educativo, o prazo de presentación de solicitudes é de hoxe 15 de novembro ao 26 de novembro, ambos os dous incluídos.

O formulario co código de procedemento ED330E pódese descargar da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante a chave 365 ou ben a través dos enlaces que se indican a continuación:

ANEXO I da orde do 28 de outubro.

ANEXO II da orde do 28 de outubro.

 

PRESENTACIÓN CANDIDATURAS PAIS - NAIS - TITORES LEGAIS ÁS ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2021/2022

Achegamos enlace á circular de presentación de candidaturas para ás eleccións ao consello escolar no sector pais - nais - titores legais.

O prazo de presentación de candidaturas é de hoxe 5 de novembro ao 12 de novembro ás 14.30 horas.

Unha vez cuberto, entregar no edificio administrativo.

circular candidatura de pais - nais titores legais

Distribuir contido