Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Proxecto "Xogos no Patio"

Estimadas familias:

Aínda que este é un curso especial e difícil pola situación, dende o centro queremos plantexar proxectos que na medida do posible fagan o día a día dos alumnos/as máis levadeiro. O proxecto "Xogos no Patio" é unha proposta para que os rapaces e rapazas poidan desfrutar do tempo de lecer no patio de recreo xogando a xogos populares de toda a vida. 

Dende o Equipo de Actividades Complemetarias e Extraescolares, o equipo de Normalización Lingüística e os mestres de Educación Física, lanzamos unha proposta na que queremos implicar ás familias. A continuación tedes dous enlaces para ver a información do proxecto e o formulario para participar. 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO                                                                        PARTICIPACIÓN

PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O ALUMNADO QUE ENTRA POR PRIMEIRA VEZ NO SISTEMA EDUCATIVO OU QUE DESEXA CAMBIAR DE CENTRO PARA O CURSO 2021/2022

Prazo de presentación das solicitudes de admisión do novo alumnado do luns 1 ao luns 22 de marzo.

Instrucións Xunta

Continuación dos prazos do proceso:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (no caso de haber máis solicitudes que prazas): do 25 de marzo ao 9 de abril de 2021.

  • Publicación das listaxes provisionais (no taboleiro interior do centro) do alumnado admitido e non admitido: antes do 26 de abril de 2021.

  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais do 26 de abril ao 3 de maio de 2021

  • Publicación das listaxes definitivas (no taboleiro interior do centro) do alumnado admitido e non admitido: antes do 18 de maio de 2021

  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria (novo alumnado): do 21 ao 30 de xuño de 2021.

  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 21 ao 30 de xuño de 2021.

  • Prazo extraordinario: do 19 de maio ata fin de curso 2021/22.

  • Resumo do calendario e documentación necesario: aquí

  • Solicitude de admisión: aquí

Carreira Solidaria do "Día da Paz 2021"

Aquí podes descargar o vídeo da Carreira Solidaria "Save the Children" que en colaboración co departamento de EF, levamos a cabo no cole para celebrar o "Día da Paz 2021".

 

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º ED. PRIMARIA PARA O IES ADSCRITO AFONSO X O SABIO (A BARCALA)

INFORMACIÓN

As familias que no vindeiro curso 2021-2022 desexen que os seus fillos/as cursen os estudos no referido instituto deberán entregar aos titores-as, neste colexio, entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se achega con esta información (ED550A, anexo I da Orde do 25 de xaneiro de 2017). Este proceso poderá realizarse tamén a través da aplicación admisión alumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Así mesmo poderán consultar o estado de tramitación da súa solicitude no mesmo enderezo.

Máis información...prema aquí

SOLICITUDE DE RESERVA ...prema aquí

Cartel de Nadal

Noraboa a nosa alumna de 5º curso de Primaria, Xiana Souto Fontenla, polo segundo posto no concurso de carteis de Nadal do concello de Cambre.

PROPOSTAS PARA TRABALLAR O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares elaborou un espazo de recursos para traballar este tema tan importante.

Distribuir contido