PRAZOS PARA SOLICITAR OS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR
Informámoslles que do 20 ao 31 de maio ábrese o prazo para presentar as solicitudes dos servizos complementarios (comedor e transporte escolar) do vindeiro curso 2022/2023 para o alumnado xa matriculado no centro.
As solicitudes poderán descargalas da páxina web do centro ou recollelas en administración. Deberán presentar unha solicitude por alumno/a pero achegar a documentación só nunha delas.
HORARIO DE ENTREGA EN ADMINISTRACIÓN DE 09:30 A 14:00h.
O alumnado novo poderá solicitar estes servizos no período de formalización de matrícula, do 21 ao 30 de xuño.
SOLICITUDE DE COMEDOR
SOLICITUDE DE TRANSPORTE