Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Kahoot é unha ferramenta moi útil para aprender e repasar conceptos de forma entretida, como nun concurso. A forma máis común é mediante preguntas tipo test con recompensas para o alumnado a medida que vai atinando as respostas. Pódese xogar empregando a aplicacion para móbil, a tableta ou o ordenador.
Para acceder aos xogos de kahoot ou deseñar un, tedes que crear unhaconta. Tras elixirdes o xogo no que queredes participar, os xogadores debedes acceder introducindo un código PIN que aparecerá na pantalla principal.
Ao tocar START, empezará a primeira pregunta. Na pantalla móstranse as catro respostas e a que cor e símbolo coas que se corresponden, de modo que cada participante pode responder de forma privada.
Cando elixides o modo de xogo (individual ou en equipo), xérase o código PIN deste xogo e móstrase en grande na parte superior da pantalla. Neste momento, os xogadores poden unirse ao xogo desde outro ordenador, visitando https://kahoot.it/ para introducir o código do xogo.
Na aplicación, pulsade Enter PIN e escribide as cifras do código PIN do Kahoot en curso. Agora o que vos queda é elixir o alcume co que desexades participar, que será o que verán o resto dos xogadores.
Ao acabardes a partida, un podio premia os que conseguiron maior puntuación. Estes datos poderán exportarse como un arquivo Excell.
Para acceder a este kahoot tedes que crear unha conta (sign up) https://kahoot.com/ e premer en buscar xogos (find Kahoots). PoñedesLetras Galegas 2018 e xa aparece.
Ligazón: https://kahoot.com/
Localización: Datas Sinaladas (Letras Galegas)
Xa queda menos para o 17 de maio, data que ninguén debería esquecer! Como xa sabedes, este ano o día das Letras Galegas dedícaselle a María Victoria Moreno Márquez. Estes son os carteis que fixemos no centro para participar no concurso sobre a autora.
Proposta de actividades para traballar a autora homenaxeada este ano polo día das Letras Galegas, María Victoria Moreno Márquez. As actividades están divididas en catro bloques: Educación Infantil, 1º e 2º de EP, 3º e 4º de EP, 5º e 6º de EP.