INSTRUCIÓN PARA O SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2021-2022

PARA ACCEDER Á INSTRUCIÓN 2/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2021-2022, PODES FACELO A TRAVÉS DESTA LIGAZÓN PREMENDO AQUI OU DESCARGAR O FICHEIRO ADXUNTO EN PDF (DOCUMENTO COMPLETO).

 

COLABORADORES/VIXIANTES

As persoas que colaboren no comedor desempeñarán as funcións que sinala o artigo 9 do Decreto 132/2013, en relación co artigo 8.5 da Orde do 21 de febreiro de 2007.Tales funcións de colaboración no comedor só poderán ser desempeñadas por nais, pais, titores legais ou acolledores familiares de alumnos/as que estean cursando no curso 2021-2022 estudos no centro docente respectivo

 

Con carácter excepcional, ampliase a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixilancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente, a outros familiares dos alumnos comensais, a ex-colaboradores deste servizo, a persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así como a persoal que participe en programas de voluntariado social.

 

Procedemento de selección: ata o 8 de setembro de 2021. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa dirección do centro.

Rematado o referido prazo, a dirección do centro, tras acordo do consello escolar, determinará as persoas que durante o curso 2021-2022 van a colaborar.

Compensación: 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor. Os pagamentos aos colaboradores xestionaranse no mes seguinte ao último de cada período trimestral, é dicir nos meses de xaneiro, abril e xullo.

 

 

IMPORTANTE: USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/2022  

Cubrir o Anexo II. Autodeclaracións que deberán ser entregadas nos centros cubertas en todos os seus extremos antes do 08/09/2021 (descarga o ficheiro adxunto ou PREME AQUÍ).

 

 

PREZOS PÚBLICOS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR (resumo)

O uso do servizo, de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 132/2013, dará lugar ao aboamento dos seguintes prezos públicos por parte dos suxeitos obrigados:

a) 1€ por día de uso do servizo para os alumnos cuxa renda familiar anual neta per cápita se atope na condicións sinaladas no artigo 12.2.1 do Decreto.

b) 2,50€ por día de servizo de comedor para aqueles alumnos cuxa renda familiar anual neta per cápita se atope nos supostos recollidos no artigo 12.2.2 do Decreto.

c) 4,50€ por día de servizo de comedor para aquele alumnos cuxa renda familiar anual neta per cápita se atope nos seguintes parámetros:

·         Unidades familiares cun único menor que curse ensinanza básica obrigatoria e/ou segundo ciclo de educación infantil.- renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000,01€
·         Unidades familiares con dous menores que cursen ensinanza básica obrigatoria e/ou segundo ciclo de educación infantil.- renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000,01€

 

A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2020: 1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, 2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación. Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

casilla 435 + casilla 460 - casilla 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar. O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

 

 

AdxuntoTamaño
INSTRUCIÓN 2_2021 COMEDORES ESCOLARES 2021_2022.pdf918.17 KB
ANEXO II_MODELO AUTODECLARACIÓN_COMEDORES 21_22.pdf298.04 KB