Instalacións

O CEIP Plurlingüe Virxe do Camiño é un centro de Educación Infantil e Primaria, pertencente á rede de centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación, F.P. e Universidades da Xunta de Galicia.

O recinto escolar, ubicado nun extremo da vila de Rubiá, está valado e consta de tres edificios: Edificio sede, edificio aulas, e o edificio servizos (comedor e patio cuberto). Conta tamén cun patio exterior, cunha pequena cancha, areiro e pequenas zonas verdes.

As construcións son anteriores ao 1975, a excepción do edificio servizos, con pequenas remodelacións e dotacións posteriores.