Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Dende o centro hoxe luns 9 de Marzo fixemos a celebración do Dia da Muller, os alumnos mais maiores do noso centro investigaron a vida das mulleres representadas na nosa Biblioteca, mural feito pola artista Laura Duben, pero os pequenos tamen fixeron traballo de aula para tomar conciencia sobre a necesidade de ter unha sociedade igualitaria.
Destacar que en prensa da comarca sale a autora dos nosos murais en unha entrevista:
A través da pintura e usando un entorno cotiá como lenzo (un armario de parede), a artista arxentina Laura Duben, afincada no Barco, celebraba este 8M, Día Internacional da Muller. Creaba unha pintura mural cunha serie de retratos de figuras femininas de referencia a nivel mundial (dende Rosalía de Castro e Frida Khalo ata Teresa de Calcuta) e dedicada a “todas as mulleres que no só soñan cun mundo máis xusto, senón que arriscan as súas vidas, loitan nas adversidades, traballan e arríscano todo”.
Esta é unha escolma simbólica de mulleres, xa que son “tantas” que “só puiden plasmar e unir na obra a unhas poucas, nelas están reflexadas milleiros de loitadoras”, di a artista. Entre elas destaca a Berta Cáceres “de Centroamérica, ecoloxista asasinada e líder na loita por reivindicar ás mulleres aborixes lencas”.
Este fermoso mural pode verse no interior do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá.
Fotos cedidas.