25 de novembro

A nosa pequena contribución á conmemoración do día 25 de novembro

 

 

Visita a o blog da nosa biblioteca

 

 

Programando Halloween

O alumnado realizará unha actividade de programación coa ferramenta Scratc. Deseñaremos un personaxe de Halloween e logo con el crearemos unha historia. Levaremos a cabo  esta actividade nas materias de Inglés e Plástica e realizarase en lingua inglesa. 

Con este evento participaremos na semana europea da programación

 

Letra galegas 2019. Entrevista a Delfín Caseiro, presidente do padroado do museo da Limia

Esta é a nosa contribución ás letras galegas 2019. O alumnado de 6º de Primaria entrevistou na Radio Maraña a Delfín Caseiro, presidente do Padroado Museo da Limia.

Información no blog da biblioteca

 

 

 

 

I concurso de podcasts - Radio na Biblio- E conseguimos o primeiro premio

E gañamos o Primeiro premio do I Concurso de Podcasts - Radio na Bilblio convocado pola Consellería de Educación. 

Nesta ligazón pódese ver a lista de galardonados

 

Aquí podedes escoitar o noso podcasts- A xanela cultural. Nesta ocasión adicado ás letras galegas. 

 

 Parabéns ó profesorado e alumnado participante e moitas grazas a todas as persoas que colaboraron na realización do mesmo

 

Letra galegas 2019

A "Axenda cultural" é un espazo radiofónico de Radio Maraña. Neste caso adicado ás letras galegas.

Poderalo escoitar no blog da biblioteca.

Canción "Ei vai" con mBots

Os mBots tamén interpretan a nosa música. Un gran traballo da profe de música e do alumnado máis grande. Programaron os nosos robots para que interpreten a canción "Ei vai" a dúas voces, cada unha interpretada por un robot.

 Ficheiro coa descripción da actividade

Programación dos robots

Letras galegas 2018

No blog da biblioteca recollemos todas as actividades que se levaron a cabo para a celebración das letras galegas.

Pincha para entrar

Sistema Solar

Co alumnado de 4º,5º,6º elaboramos unha maqueta para traballar o sistema solar cos mBoots.

Unha vez que tivemos todo montado tamán a aproveitamos para traballar cos cursos máis baixos e con infantil

 

No chan da clase facemos un esquema do sistema solar. Con cinta adhesiva de cor negra marcamos as órbitas dos planetas.  Buscamos información sobre cada planeta e facemos un modelo de cada un en bolas de porespan. Tuneamos os robots coas bolas. Para completar o esquema con cachos de cinta adhesiva de diferentes cores marcamos o cinto de asteroides.

A un lado da órbita da terra marcamos no chan con cinta adhesiva os nomes da estacións do ano e ó outro lado os meses.

Programamos os robots co sigueliñas.

Unha vez que temos  todo montado permítenos realizar diferentes actividades cos diferentes cursos.

-          O alumnado fai de planetas e vanse desprazando pola súa órbita en sentido contario ás agullas do reloxo arredor do sol.

-          Os robots son os planetas. Pómolos a camiñar todos xuntos e vemos cal chega antes e cal tarda máis. Introducimos o concepto de ano e vemos que o ano ten diferentes duracións nos diferentes planetas.

-          Pomos a andar os planetas interiores ou os exteriores.

-          Quedámonos solo co planeta terra, o alumnado séntase no chan, a medida que a terra vai pasando polas diferentes estacións ímolas nomeando. Facemos o mesmo cos diferentes meses do ano.

DIFICULTADES

Para marcar as órbitas axudámonos deste vídeo https://www.youtube.com/watch?v=GMTtTW2uWfw

Cando facemos as letras cos nomes dos meses e as estacións  debemos polas o suficientemente separadas das órbitas para que non teñamos problemas co segueliñas.

Para que nos funcione ben o segueliñas no chan debemos procurar que os robots teñan as baterías ben cargadas

PROPOSTAS DE MELLORA

Intentar programar o robot- planeta terra para que faga os movementos de rotación e translación ó mesmo tempo.

Programar o robot planeta terra para que ó pasar polas diferentes estacións se ilumine o led de abordo dunha cor diferente ou que varíe a intensidade luminosa.

Programar o planeta-robot terra para que a medida que pasa polos diferentes meses ou estacións apareza ese mes ou estación escrito na matriz led. Ou un debuxo coa evolución dunha planta ó longo do ano.

Pincha na imaxe para ver as fotos

 

Álbum: Robótica en Primaria -> Sistema Solar

Visita a Santiago de Compostela

O venres día 20 o alumnado máis grande irá de excursión a Santiago de Compostela. Visitaremos STEMlab Galicia, a maior feira educativa para centros educativos e Meteogalicia.

As dúas visitas están enmarcadas dentro de dous proxectos que temos en marcha no cole neste curso.

Robótica en Primaria e Meteoescolas.

   

Proxecto de transformación de espazos

Aproveitando que xa temos en marcha a nosa radio. Elaboramos un programa para dar a coñecer o proceso de transformación de espazos durante este curso escolar. Tamén fixemos videos co noso alumnado explicando os diferentes recunchos.

Dado que os imos presentar nunha xuntanza en Madrid dentro do proxecto "Samsung Smart School" foron feitos en castelán.

 

Pincha nas imaxes para ver os diferentes vídeos

 
   
   
Distribuir contido