Skip to Content

Actividades

Samaín

Segundo a tradición Celta, a noite do 31 de outubro separaba o verán do inverno e confundía o mundo dos vivos co mundo dos mortos. Din que bruxas, meigas, demos, fadas, defuntos e unha longa procesión de seres sobrenaturais retornan esa noite. Algúns diranvos que os trasnos, as meigas e as pantasmas non existen pero iso é o que pensan os maiores e sabedes por qué? Por que nalgún momento foron enfeitizados polo sacasoños. O sacasoños é xefe dun grupo de monstros malvados dos que descoñecemos a súa identidade. O sacasoños aliméntase da fantasía, das ilusións, das esperanzas e da alma que vive segundo a tradición castrexa nas cabezas dos cativos. Apodérase da súa imaxinación e logo co tempo os nenos e nenas esquecen as cousas nas que tanto crían e que tanta ilusión lles facía e nunca máis acadan volver a crer.


O sacasoños e o seu grupo de monstros ameazan con estender o medo por todo o CEIP de Vilar de Barrio e por todo o mundo, se o medo nos domina, a imaxinación e a aventura desaparecerán. Así que teredes que atopar os monstros e aplicarlle a dose de poción máxica.


Se o acadamos neste día de SAMAÍN teremos desmontada a súa organización e por este ano estariamos a salvo.


 


 


 


           

Entroido


Chegaron os Felos ó noso colexio.



Xa podes ver as imaxes do Entroido na GALERÍA

Equipo de Normalización lingüística

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do cole xa ten o seu propio blog. Nel podedes atopar moita información e as actividades que desenrolamos no centro a prol da nosa lingua.

Podes acceder dende aqui.

Samaín - Halloween

    


Celebramos o Samaín e o Halloween conxuntamente.


Decoramos a renovada biblioteca para a ocasión. Todo o alumnado confeccionou cabazas.


No teito penduramos unha araña xigante que elaborou a profe Fátima con sacos de lixo negros recheos de papel de periódico.


 


 


Con cartulina e rolos de palpel hixiénico o alumnado de 3º ciclo fixo estes morcegos.


 


O alumnado de 2º ciclo confeccionou estas teas de araña que penduramos das fiestras. As instruccións para confeccionar a tea sacámolo do blogue de "Actidulis" e as arañas elaborounas o alumnado de 1º ciclo estampando as mans con témpera negra.


 Podedes ver as imaxes na GALERÍA


O alumnado de Infantil e 1º ciclo tiveron unha sesión TERRORÏFICA na que dúas "Meigas" lles contaron un conto de medo.


O alumnado de Primaria celebrou unha sesión de contos de medo no que cada un relatou a súa historia.

Leteas Galegas 2009

Deixámosvos este interesante vídeo sobre Ramón Piñeiro feito polos coles CPI San Vicente,  a Baña e o CPI dos Dices, Roi

Celbramos o Samaín

Neste curso celebramos O Samín decorando cabazas e contando contos de medo.

Jon (4º) tróuxonos este conto do seu pobo (Cortegada).

Era unha noite fría de inverno, os homes do pobo estaban na taberna e apostáronlle a Xoán que non era capaz de ir ata o cemiterio e cravar unha punta ó pé dunha sepultura.

Xan, cando estaba no medio do cemiterio, tremendo de medo, tanto medo tiña que xa non sabía o que facía nin era capaz de sentir ningunha parte do seu corpo. De repente sente que non se pode mover, hai algo que o agarra polo pé e por mais que turra non se pode desprender, é tanto o medo que ten que acaba morrendo “de medo”. Ó día seguinte aparece o corpo de Xan tirado non chan no medio do cemiterio coa perneira do pantalón amarrada o chan cunha punta cravada por el mesmo.

 

 

 

CELGA

A Orde do 16 de xullo do 2007 (DOG do 30 de xullo) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

Neste enlace podes atopar dita orde e como solicitar as convalidacións correspondentes.

Ligazón á Orde

Ligazón á correción de erros do 13 de setembro.

Podes atopar mais información na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Normativa

 O 12 de xullo do 2003 a Real Academia Galega aprobou novas normas da lingua galega.

Auí podes descargar un arquivo pdf cos cambios producidos:

Cos cambios na normativa prodúcense tamén cambios en algunhas palabras. Algunhas das que cambian son:

 

Antes

Agora
vocal vogal
estudio, estudiar estudo, estudar
q: letra cu q: letra que
ll: letra elle ll: letra ele dobre
-ict- (victoria) -it-(vitoria)
-icc- (diccionario) -ic- (dicionario)
-uct- (producto) -ut- (produto)
-ucc- (conducción -uc- (condución)
diferencia diferenza (ollo! non cambian todas preferencia -> preferencia)
espacio espazo
servicio servizo
presencia presenza
tercio terzo
-ble -ble ou -bel
xubileo xubileu
bacallao bacallau
pao pau
ímpetu impeto
tribu tribo
afgana afgá
alemana alemá
capitana capitá
catalana catalá
gardiana gardiá
musulmana musulmá
pubertade puberdade
-ería / -aría -aría mellor ca -ería
come-lo caldo comer o caldo mellor ca come-lo caldo (-lo soamente obrigatorio en polo e ulo)
esto, eso, aquelo isto, iso, aquilo
cuxo é incorrecto cuxo é correcto
vinteún, vintedous... vinte e un, vinte e dous...
triple, cuádruple son correctos triple, cuádruple son incorrectos
ouvir é incorrecto ouvir é correcto
a cotío acotío
de cotío decotío
de contado decontado
en seguida enseguida
de seguido deseguido
a modo amodo
de vagar devagar
anque é correcto anque é incorrecto; utilícese aínda que
nembargantes é correcto nembargantes é incorrect; empréguese porén, non obstante, no entanto
sen embargo é correcto sen embargo é incorrecto; empréguese porén, non obstante, no entanto
entonces é correcto entonces é incorrecto; úsese entón
rector reitor
secta seita

 

Entroido 08

Neste curso adicamos o Entroido a facer un estudio dos disfraces tradicionais da nosa comarca: os Felos(Maceda), os Peliqueiros(Laza), os Cigarróns(Verín), os Vergalleiros(Sarreaus) e as Pantallas(Xinzo de Limia).

Na Galería xa podes atopar todas as fotos desta celebración.

Juan, o artista do noso cole fixo un debuxo dun felo e da súa careta:

      

Bruno tróuxonos o disfraz de felo coa súa careta:

  

Nerea disfrazouse de Pantalla:

 

André é Nerea trouxeron as súas pantallas:

   

O meco  manda:

Mandados deste ano: "Traer mandil" , "pano na cabeza", "Gafas", "saia por enriba do pantalón".

Comemos cocido, orellas .. etc e a cachola do porco (raíña da cociña nestes días) presidiu o comedor- obra de Clemente- o noso cociñeiro-.

 

Xogos Populares

En colaboración co Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo realizamos un obradoiro de Xogos Populares durante todo o mes de xaneiro no cal o noso alumnado tivo a oportunidade de practicar todos eles.

Pincha no título para acceder o libro electrónico sobre cada un deles.

Na Galería podes atopar as imaxes:

Distribuir contido


by Dr. Radut