Radio na Biblio

Letra galegas 2019. Entrevista a Delfín Caseiro, presidente do padroado do museo da Limia

Esta é a nosa contribución ás letras galegas 2019. O alumnado de 6º de Primaria entrevistou na Radio Maraña a Delfín Caseiro, presidente do Padroado Museo da Limia.

Información no blog da biblioteca

 

 

 

 

I concurso de podcasts - Radio na Biblio- E conseguimos o primeiro premio

E gañamos o Primeiro premio do I Concurso de Podcasts - Radio na Bilblio convocado pola Consellería de Educación. 

Nesta ligazón pódese ver a lista de galardonados

 

Aquí podedes escoitar o noso podcasts- A xanela cultural. Nesta ocasión adicado ás letras galegas. 

 

 Parabéns ó profesorado e alumnado participante e moitas grazas a todas as persoas que colaboraron na realización do mesmo

 

Letra galegas 2019

A "Axenda cultural" é un espazo radiofónico de Radio Maraña. Neste caso adicado ás letras galegas.

Poderalo escoitar no blog da biblioteca.

Os escritores Xoan Babarro e Ana Mª Fernández visitan o cole

O venres tivemos a visita da parella de escritores Xoan Babarro e Ana Mª Fernández. Todo o alumnado do cole tivo a sorte de escoitar as súas ensinanzas. Ademais aproveitamos para que visitaran a nosa radio e facerlles unha entrevista.

Na galería podedes ver as imaxes e dándolle a reproducir podedes escoitar a entrevista que lle fixeron os nosos superxornalistas.

E non vos perdades os fermosos versos que Xoan lle adicou ó noso concello

Xornada de formación laboratorio de Radio na Biblio

Neste curso fomos un dos seleccionados pola Consellería para participar no proxecto piloto "Laboratorio de Radio na Biblio". O pasado xoves tivemos unha xoranda de formación dirixida ó alumnado e ó profesorado por parte do colectivo "Ponte Nas ..... Ondas". Aprendemos normas de dicción, vocalización, como interpretar un texto escrito, como elaborar un guión, traballamos na edición de audios co programa Audacity e como tarea final o alumnado máis grande traballando por parellas elaboraron un guión segundo diferentes temáticas e gravamos o noso primeiro programa de radio.

Preme na foto

Álbum: Radio na Biblio -> Formacion

Laboratorio de radio- Transformación do espazo

Temos rematado o proxecto de transformación do espazo para o laboratorio de radio.  "Radio Maraña" está en marcha. No blog da biblioteca podedes ver o proceso de transformación.

Distribuir contido