Complementarias

Magosto 2017

Temos na galería as fotos do magosto deste curso que celebramos no entorno das piscinas municipais. Pincha na foto para velas

Álbum: Curso 2017-18 -> Magosto

Entroido 2016

O venres 5, como todos os anos sairemos a celebrar o Entroido polas rúas do pobo. 

Queremos animar a todos os veciños e veciñas a que nos acompañen. 

Primeiro iremos visitar ós nosos maiores no centro de día, seica xa están preparando os seus traxes.

Entroido


Chegaron os Felos ó noso colexio.



Xa podes ver as imaxes do Entroido na GALERÍA

Apertas pola PAZ



O venres día 28, no patio do colexio celebraremos o día da PAZ con apertas, moitas apertas para todos e todas.


Estas triste?


Precisas algo de cariño?


Ven, e comparte apertas con todos nós.


 

Nadal 2009

Coma todos os anos nestas datas decoramos o cole para o Nadal.

Día da árbore

O día 24 de marzo para celebrar "O día da árbore", en colaboración co grupo mediambiental "Amigos da Terra" plantamos varias árbores froiteiras no entorno das piscinas municipais.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Samaín - Halloween

    


Celebramos o Samaín e o Halloween conxuntamente.


Decoramos a renovada biblioteca para a ocasión. Todo o alumnado confeccionou cabazas.


No teito penduramos unha araña xigante que elaborou a profe Fátima con sacos de lixo negros recheos de papel de periódico.


 


 


Con cartulina e rolos de palpel hixiénico o alumnado de 3º ciclo fixo estes morcegos.


 


O alumnado de 2º ciclo confeccionou estas teas de araña que penduramos das fiestras. As instruccións para confeccionar a tea sacámolo do blogue de "Actidulis" e as arañas elaborounas o alumnado de 1º ciclo estampando as mans con témpera negra.


 Podedes ver as imaxes na GALERÍA


O alumnado de Infantil e 1º ciclo tiveron unha sesión TERRORÏFICA na que dúas "Meigas" lles contaron un conto de medo.


O alumnado de Primaria celebrou unha sesión de contos de medo no que cada un relatou a súa historia.

Exper-i-Ciencia

A Delegación do CSIC en Galicia organiza, para este trimestre académico (octubre, noviembre, diciembre) a cuarta edición de Exper-i-Ciencia, actividade de divulgación financiada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

A actividade consta dun encontro científico do persoal do CSI e de CESGA co noso alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria e terá lugar o día 16 de novembro.

Teatro: Leo e as estrelas

Para conmemorar o ano da astronomía . O vindeiro venres, día 23 de outubro teremo no centro a representación teatral "Leo e as Estrelas". Trátase dunha co-produción de Altega e da Asociación Animacción, realizada pola compañía de teatro de sombras infantil Zascandís - teatro de sombras, e subvencionada polo programa Diverciencia da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

Día dos humedais

     O día 2 de febreiro celebramos o día dos humedais. Todo o alumnado e profesorado do centro fomos visitar as "Areeiras da Limia", nesta zona, logo de moitos anos de traballo extrendo area, estase recuperando a antiga Lagoa de Antela. Pode considerarse hoxe en día un dos humedais mais importantes da provincia, nel podemos atopar moitas especies que atopa aquí un ecosistema único para asentarse. Para os nenos/as a favorita é a cigoña. Puidemos ver varios niños.

Na galería xa podes ver as imaxes

Agora podes ver a noticia emitida pola Televisión de Galicia

 

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Distribuir contido