RRR Vilar de Barrio
O cume do clima
Esta é a nosa pequena aportación ó cume do clima.
Concienciar ó noso alumnado na necesidade de coidar o noso planeta é un dos nosos obxectivos
Charla sobre reciclaxe e xestión de resíduos nos fogares
Neste curso estivemos levando a cabo un proxecto de reciclaxe no cal o noso alumnado investigou e elaborou diferentes materiais. Para trasladar toda esta información á poboación en xeral temos previsto unha charla que será impartida polo alumnado no salón de actos do concello.
Nela trataranse temas como:
- Que facer co lixo que se xenera nos fogares.
- Que debemos botar en cada contedor.
- Que se fai co lixo dos diferentes contedores.
-Como reducir a cantidade de lixo.
-Como reusar diferentes produtos.
Se tes interés por saber que facer co aceite usado, onde botar un teléfono que xa non sirve, a onde levar un televisor vello e moitas cousas máis.
Se queres contribuír a que o entorno no que vives estea máis limpo e coidar o noso planeta.
Non deixes de asistir a este acto.
Ó remate do mesmo haberá agasallos para tosos os asistentes.
O Escornabot recollendo no lixo
Temos a alfombriña con tarxetas de lixo. Nas esquinas están catro contedores feitos coa impresora 3D |
|
Levamos ó Escornabot a una tarxeta de lixo calquera | |
Pomos a tarxeta enriba do contedor | |
Programamos o robot de novo para que vaia ata o contedor que lle corresponde | |
O chegar á esquina | |
Collemos a tarxeta e metémola no contedor |
O escornabot traballa recollendo no lixo
Temos a plantilla valeira e os contedores que imprimimos coa impresora 3D | |
Temos tarxetas con lixo axeitado para os diferentes contedores por toda a plantilla | |
Pomos o contedor do vidro no escornabot e levámolo por toda a alfombriña recollendo o vidro | |
Ó chegar a unha casiña que ten vidro, collemos a tarxetas e metémola dentro do contedor | |
Agora tócalle ó contedor azul do papel |
Xogamos con Scratch e o contedor xenérico
Agora xogamos co contedor xenérico.
Preme na bandeira para comezar o xogo. Coas frechas do teclado move o contedor para coller o lixo. Se acertas, sumas puntos e se non, réstalos.
Xogamos a seleccionar o lixo do contedor amarelo
Con Scratch creamos este xogo, con el aprenderás qué tipo de lixo debes meter no contedor amarelo.
Preme na bandeira e coas frechas do teclado move o contedor para recoller o lixo, se o fas ben sumas puntos e se non réstalos.
Xogando con Carlos Casares 6: A formiga esquiadora
Enviado por admin1 o Xov, 18/05/2017 - 22:18Colgantes do proxecto
Elaboramos colgantes para el proyecto reciclando bandejas de plástico.
Necesitamos plástico que esté etiquetado con este símbolo . Seleccinamos unha zona plana e facemos o debuxo con rotuladores permanentes. Recortamos e metémos ó forno previamente quentado a 150º. Vemos como se encolle. Cando estea plano de novo xa se pode quitar. Este plástico ó quentalo encolle ata sete veces o seu tamaño e aumenta ata sete veces o seu grosor.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »