Actividades

Laboratorio de química, elaboración de bombas de baño

 Esta actividade consistiu en iniciarnos na química coa fabricación de cosméticos. Hoxe fixemos bombas de baño aprendendo a base química do seu funcionamento, personalizándoas con diferentes cores e perfumes. Imos desfrutar dun baño de burbullas con explosión de cor e olor.

    

Día da muller e a nena na ciencia

O alumnado de 5º e 6º elaboraron cremas hidratantes.

Preme para ver o vídeo.

Programando con Mbot

O alumnado de 5º e 6º estivo traballando cos Mbots, programamos os robots para salvar obstáculos. O robot mòvese pola aula, cando chega a un obstáculos, xira e cambia de dirección.

Xogo con Scratch sobre igualdade

O alumnado de 5º e 6º creou un xogo con Scratch para traballar a igualdade. Dende aquí podedes xogar.

 

Semana da prensa.

Na semana da prensa o alumnado de 5º e 6º elaborou un especial informativo na radio.

 

Proxecto interxeracional: Taller de cociña

O alumnado de 2º,3º e 4º en colaboración co centro de maiores participaron nun proxecto de cociña. Elaboraron pizas de diferentes sabores.

    

 

Pulseiras para a Paz

Para o día da Paz creamos pulseiras co símbolo da Paz.

Fíxose o deseño con Tinkercad.

Imprimimos con PLA branco

O alumnado pintou as súas pulseiras de diferentes cores

 

      

Os animais ensínannos a construir

TRABALLANDO CON CONSTRUCCIÓNS.

Dende o colexio oficial de arquitectos tivemos un taller de construcción animal.

A partir de aí surdiron varias actividades:

- Co xogo Duplo fixemos construccións varias

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

- Coa ferramenta Palitroques fixemos construccións

   

 

- Con bimbios fixemos unha casiña igloo que puxemos no patio. Un lugar estupendo para os xogos.

 

     

 

 

Taller de cociña polo Samaín

O alumnado de 5º e 6º organizou un taller de cociña no que crearon comidas monstruosas.

Aparello dixestivo con material de refugallo

O alumndo de 6º fixo un modelo de aparello dixestivo utilizando material de refugallo

 

Distribuir contido