Resolución da convocatoria do I Concurso de Podcasts- Radio na Biblio

Lun, 13/05/2019 - 10:20
Resolución da convocatoria do I Concurso de Podcasts- Radio na Biblio

Resolución de 13 de maio de 2019, relativa á convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 2 de abril de 2019, do I Concurso de Podcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).

O anexo incluído nesta resolución recolle a relación de podcasts seleccionados, que serán emitidos pola Radio Galega a través das súas páxinas www.diariocultural.gal e www.radiogalega.gal; así mesmo, a radio pública galega incluirá información sobre estes traballos na súa programación especial polo Día das Letras Galegas.  A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional, pola súa parte, fará tamén difusión destes traballos premiados a través da páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia: http://www.edu.xunta.gal/biblioteca.