Xornada de formación laboratorio de Radio na Biblio

Neste curso fomos un dos seleccionados pola Consellería para participar no proxecto piloto "Laboratorio de Radio na Biblio". O pasado xoves tivemos unha xoranda de formación dirixida ó alumnado e ó profesorado por parte do colectivo "Ponte Nas ..... Ondas". Aprendemos normas de dicción, vocalización, como interpretar un texto escrito, como elaborar un guión, traballamos na edición de audios co programa Audacity e como tarea final o alumnado máis grande traballando por parellas elaboraron un guión segundo diferentes temáticas e gravamos o noso primeiro programa de radio.

Preme na foto

Álbum: Radio na Biblio -> Formacion