Día da Paz 2018

Celebramos o Día da Paz na biblioteca.

As nosas colaboradoras colaboraron lendo contos ós máis pequenos. 

Coloreamos mandalas de Paz e con elas elaboramos o noso mural, a árbore das froitas da Paz.

Xogamos cunha plantilla sobre emocións e estados de ánimo cos Escornabots.

Programamos o sensor segueliñas do Mbot e con eles fixemos os camiños coa palabra Paz. Todo un reto.

O alumnado participou na gravación deste vídeo cos nosos desexos de Paz. PREME 

 

Pincha na foto para ver as imaxes.

 

 

Álbum: Curso 2017-18 -> Día da Paz

Luces de Nadal

Na materia de plástica no Nadal traballamos cos nosos robots Mbot. Comezamos construindo casas con caixas de cartón. Logo utilizando a placa Mcore do Mbot, conectamos a matriz led e as luces led. Progrmamos a matriz led con mensaxes de Paz e de Nadal e as luces led para que alumbren cada unha dunha cor.

Colocamos as matrices nos tellados e nas ventás as luces led. E conseguimos iluminar as nosas casas para o Nadal.

Compoñentes do Mboot:

Dous módulos led conectados nos portos 1 e 2

Matriz leds conectada no porto 3

Placa mCore

Web calculadora de color RGB

https://www.w3schools.com/colors/colors_rgb.asp

 

Pincha na foto

Álbum: Robótica en Primaria -> Luces de Nadal

Proxecto Patio

Neste curso 2017-2018 estamos levando a cabo un proxecto de transformacion do patio do colexio. Para levalo a cabo contamos coa colaboración das famlias. Tan pronto como por parte da dirección se lle presentou o proxecto a resposta das familias foi impresionante. Este album de fotos é unha pequena homenaxe a todos/as aqueles que de forma interesada dedicaron o seu tempo libre para compartilo co colexio e crear estes estupendo espazos.

Pincha na foto

Álbum: Proxecto Patio -> Familias

Magosto 2017

Temos na galería as fotos do magosto deste curso que celebramos no entorno das piscinas municipais. Pincha na foto para velas

Álbum: Curso 2017-18 -> Magosto

Escornabot na biblioteca

E chegaron os Escornabots á biblioteca. Aquí temos un titorial de montaxe feito pola coordinadora en colaboración co resto do profesorado e alumnado.

 

 

Charla sobre reciclaxe e xestión de resíduos nos fogares

Neste curso estivemos levando a cabo un proxecto de reciclaxe no cal o noso alumnado investigou e elaborou diferentes materiais. Para trasladar toda esta información á poboación en xeral temos previsto unha charla que será impartida polo alumnado no salón de actos do concello.

Nela trataranse temas como:

- Que facer co lixo que se xenera nos fogares.

- Que debemos botar en cada contedor.

- Que se fai co lixo dos diferentes contedores.

-Como reducir a cantidade de lixo.

-Como reusar diferentes produtos.

Se tes interés por saber que facer co aceite usado, onde botar un teléfono que xa non sirve, a onde levar un televisor vello e moitas cousas máis.

Se queres contribuír a que o entorno no que vives estea máis limpo e coidar o noso planeta.

Non deixes de asistir a este acto.

Ó remate do mesmo haberá agasallos para tosos os asistentes.

Ecoconsellos

Os nosos reporteiros desta vez céntranse no tema da reciclxe e a xestión de residuos e fan unha viaxe por diferentes dependencias no colexio e da localidade para darnos os seus Ecoconsellos.

Pincha na imaxe para ver o vídeo

Obradoiro de Xadrez

E hoxe toca obradoiro de Xadrez.

Todos moi concentrados

Álbum: Curso 16-17 -> xadrez

Xogando con Carlos Casares 6: A formiga esquiadora

Celebramos as letras galegas xogando con Carlos Casares. Distribuímos ó alumnado en equipos con todas as idades e fixemos varios obradoiros.

Neste obradoiro, utilizando cartóns dos ovos fixemos a formiga esquiadora.

Pincha na imaxe.

 

Álbum: Curso 16-17 -> Casares_formiga

Xogando con Carlos Casares 5: lecturas

Celebramos as letras galegas xogando con Carlos Casares. Distribuímos ó alumnado en equipos con todas as idades e fixemos varios obradoiros.

Neste obradoiro o alumnado leu varias obras e puideron practicar varios xogos segundo a obraelixida.

 

Álbum: Curso 16-17 -> casares_lecturas
Distribuir contido