Xogando con Carlos Casares 3: Scratch

Celebramos as letras galegas xogando con Carlos Casares. Distribuímos ó alumnado en equipos con todas as idades e fixemos varios obradoiros.

No obradoiro de Scratch o alumnado puido xogar coa galiña azul a cal tiña que atopar os seus ovos.

Tiñamos dous xogos, un para os mais grandes e outro para os pequenos que se fixeron con Scratch.

Pincha na imaxe.

 

Álbum: Curso 16-17 -> casares_scratch

Xogando con Carlos Casares 2: Escornabot

Celebramos as letras galegas xogando con Carlos Casares. Distribuímos ó alumnado en equipos con todas as idades e fixemos varios obradoiros

No obradoiro de Escornabot o alumnado puido xogar cos robots e con varias alfombriñas coa obra de Carlos Casares.

Pincha na foto.

 

Álbum: Curso 16-17 -> Casares_escornabot

Xogando con Carlos Casares 1: caricaturas

Celebramos as letras galegas xogando con Carlos Casares. Distribuímos ó alumnado en equipos con todas as idades e fixemos varios obradoiros.

No obradoiro de caricatura, o alumnado uitlizando a aplicación Snote das tabletas pintou unha caricatura de Carlos Casares.

Álbum: Curso 16-17 -> Casares_caricatura

Programación nas escolas

A partir do mércores 24 de maio impartirase no colexio un curso de 10 horas de programación con Scratch dirixido ó alumnado máis grande.

Información do proxecto 

 

O telexornal de Carlos Casares

O alumnado de 6º curso están feitos uns reporteiros. Todas as novas relacionadas con Carlos Casares e a súa obra "A galiña azul" .

 

Os chefs saudables

O alumnado de 4º 5º e 6º están feitos uns cociñeiros.

Aquí nos prepararon unha receita.

 

Expres Arte

A araña Maraña nesta semana do libro pregúntanos, que é un libro para ti?. Con todas as aportacións creamos este mural.

Pincha na imaxe

 

Álbum: Curso 16-17 -> Expres Arte

Semana do libro 2016-17

Na semana do libro queremos sacar os libros ó aire libre, así aparecen novos recunchos de lectura e deixamos que a nosa imaxinación se espalle.

A nosa biblioteca ó aire libre (Ó aire libro) está composta por libros que trae o alumnado da casa. Ó longo de toda a semana estarán no patio do colexio. O venres será o día de portas abertas para as familias. Este día tanto familias como alumnado poderán coller libros en préstamo.

Pincha na imaxe para ver as fotos.

 

 

 

Álbum: Curso 16-17 -> Semana do libro

O cole visto dende un dron

Fotos do cole dende un dron

 

Álbum: Curso 16-17 -> Dron

Blog alumnado 1º2º3º

O mestre e o alumnado de 1º,2º e 3º xa teñen un blog onde van pondo os seus traballos.

Están feitos uns "artistas".

 

Distribuir contido