Blog de Biblioteca
Enquisas da biblio para o alumnado.
Deixamos aquí os enlaces ás equisas para o alumnado do centro sobre a biblioteca e o seu uso. Deberán ser cubertas coa axuda dos mestres nas aulas ou, no caso dos maiores, de forma individual se o seu titor/a así llo indica. Toca facer balance do curso!
Visita ao Ágora en familia (lectura e familias)
Este sábado 5 de xuño fomos de excurión ao Ágora da Coruña, alí visitamos as intalacións, contáronnos uns contiños e tivemos tempo de ver e apreciar os recursos que nos ofrece a nosa contorna. Foi unha mañá ben bonita de "dar de ler, coma que da de comer". Graciñas familias!
Derradeira sesión do club de lectura
Nesta última sesión do club de lectura recordamos os libros lidos, fixemos a actividade do Cabo Vilán e chaveiros de golfiños para os/as que non os fixeran. Tamén realizamos un álbum de fotos do primeiro club de lectura do cole!
Usando o espazo maker
Durante estas últimas semanas usamos o espazo maker para familiarizarse cos contidos relacionados coa masa, o peso e a capacidade. Aquí tedes ao alumnado de 3º de EP mans á obra!
Programa de radio "Día do medio ambiente" 3ºB
Un novo podcast neste caso relacionado co día do medio ambiente que se celebra o 5 de xuño.
Programa de radio "Cans sen raza" de 3ºB
O día 28 de maio celébrase o día dos cans sen raza e dende a clase de 3ºB quixemos facerlles a nosa pequena homenaxe. Se non se escoita o noso audio na pista de Sound Cloud podedes reproducilo picando AQUÍ.
Actualización do espazo maker
Durante este curso estivemos acondicionando e enchendo de libros o espazo maker para empezar a dinamizalo de cara ao ano que vén. Velaí unhas imaxes.
Excursión ao Ágora: lectura e familias (sábado 10 de xuño)
IMPORTANTE: A excursión é para familias. Os nenos e nenas deberán ir acompañados dun adulto responsable maior de idade.
Documento A4 Horarios Biblioteca Ilustrativo Verde de Patricia Pena
Máis alá da cadeneta...
Nesta sesión das tecedoras xa nos atrevimos con puntos un pouco máis complexos! As nosas cadenetas e as nosas poesías xa presiden a cortiza do punto de lectura.
Lectura e familias: Montse Pena Presas e Carlos Rodríguez
Este xoves 25 de maio tivemos a sorte de contar con dous colaboradores excelentes. Mentres Montse Pena Presas, profesora de Didáctica da Lingua e Literatura da Universidade ed Santiago de Compostela, falaba coas familias sobre "as mochilas lectoras" que todos e todas temos e as diferenzas que iso supón de partida, como ser mediadores de lectura e o desenvolvemento da escrita, Carlos fixo un obradoiro cos pequenos e pequenas de ilustración. Un luxo!
Visita de Sabela Fernández Trelles
O venres a escritora e compañeira Sabela Fernández Trelles estivo co alumnado de 3º que leu o seu libro: Que queres ser de maior, pequena? Estiveron charlando de imaxinación, creatividade e moitas outras cousas. Moitas grazas pola visita!