arquivo

COIDESE MOITO!

Este vídeopoema está enmarcado dentro da tarefa de "Poesía na Panadaría" e dentro do PDI do centro: "Descubrindo Carral, temos moito que contar!. Ten como referentes a artista francesa Sophie Calle e o artista hindú Dakú (picade nos enlaces dos seus nomes para saber máis sobre eles). Pretende ser un alegato ao respeto pola natureza da contorna e unha expresión de emocións e sentimentos que nos despertan eses animais e plantas a través do noso corpo. Así traballamos nas aulas de 1º as "Poéticas diversas" que nos propoñen dende Bibliotecas Escolares de Galicia: con abecegramas e videopoemas. 

COIDESE MOITO 1ºB from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

 

COIDESE MOITO 1º A from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

 

INSTALACIÓN ARTÍSTICA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Despois do visionado do videopoema adaptado polas alumnas do TFM (Máster en Didácticas Específicas) Noemi e Paula baseado nunha obra de Ana Isabel Martínez Alcántara os alumnos e alumnas de 3ºB realizaron esta fermosa instalación artística. Aquí vos deixamos o seu traballo. 

VILA IMAXINARIA 2030

Este é o resumo do fermoso traballo da alumna de prácticas do TFM nas aulas de 1º A e B de EP dentro do PDI do centro "Descubrindo Carral: temos moito que contar." A través de diferentes microaccións crearon entre todos unha instalación artística de nome "Vila Imaxinaria 2030" que mostra a través da fotografía e da pintura o paso do tempo (presente, pasado e futuro) da vila de Carral e dos nenos e nenas. Algúns do referentes artísticos que utilizou Noemi para esta instalación foron o fotógrafo carralés Cardoña e outros como Irina Werning, Boltansky, Esther Ferrer, Manuel Sendón, Carla Andrade, Hundertwasser ou Bego M. Santiago.  Esta é outra forma de traballar a Educación Artística na aula con referentes que achegan ao alumnado á arte contemporánea. Este traballo estará exposto no Toñito Espiñeira dende o venres 26 de abril. Invitámosvos a que a visitedes! Aquí deixamos unha pequena mostra e a xustificación teórica do traballo.  

 

 

Vila imaxinaria 2030 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

DÍA DO LIBRO

Celebramos o Día do Libro lendo pequenos e maiores xuntos, compartimos tempos e libros de todo tipo. 

Visualizamos a curta animada LEER TE TRANSPORTA e, os máis maiores do cole, viron a película "LA LADRONA DE LIBROS" dirixida por Brian Percival e baseada na novela homónima de Markus Zusak.

E así de engalanado e cheo de boas obras quedou o punto de lectura da entrada. Está presidido, como non, da nosa flamante mascota.

BOA LECTURA A TODOS E TODAS!

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña