arquivo

Programas de radio de 4º polo Día da Saúde

Para o obradoiro de radio que fixemos con Luís Losada de Radio Espora o alumnado de 4º tivo que preparar os seus propios porgramas, un por aula.  O día 27 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde e  aquí tedes o resultado final dos seus traballos de investigación. 

Nova reunión de Faragullas

Nesta nova sesión do club intercambiamos faladoiros sobre "Irene, a porteira" e "A botella de lentellas". No primeiro caso foi unha sesión moi participativa aportando opinións e falando sobre as ilustracións, a visión da muller na época, outros posibles finais... No segundo caso estivemos tamén charlando sobre a cociña e as nosas experiencias con ela, outros posibles títulos para novas historias de lentellas e orellas.. Xa estamos esperando comelas!

Visita de María Canosa para as aulas de 4º

A escritora María Canosa veu manter unha charla co alumnado de 4º de EP que leron o seu libro "A cazadora de Estrelas". Estívonos falando sobre o proceso de creación da obra e outros temas nunha conversa literaria ben animada. Aquí vos deixamos unhas imaxes.

 

Torneo de xadrez

O luns 15 de abril comezamos co torneo de xadrez no que participan os/as alumnos/as voluntarios/as de 5º e 6º de educación primaria. Celébrase na biblioteca durante o tempo de recreo. 

Moitos participantes e moita emoción! Sorte a todas e a todos!

 

Reunión de Faragullas

Na sesión do club de hoxe intercambiamos grupos, os de "Irene, a porteira" desfrutamos das presentacións que nos fixeron unhas aportacións moi interesantes sobre o cómic que cada quen leu e celebramos o día do libro cunhas galletiñas das que non quedaron nin unha faragulla. O arrecendo das orellas do outro grupo tamén nos chegou ata a biblio. Foi unha sesión do club moi completa e moi literario - gastronómica!

 

 

 

Vídeos e audios pendentes de "Unha veciña de película" (Faragullas de papel)

Aquí tedes algúns dos vídeos e audios que nos quedaban por publicar das esceas teatralizadas de "Unha veciña de película", estades feitos uns e unhas artistas!

 

Charlas sobre literatura infantil para familias con Montse Pena Presas (UDC)

O 23 de abril, Día do Libro, tivemos a sorte de contar con Montse Pena Presas da Universidade de Santiago de Compostela, dentro programa lectura e familias. Montse fíxonos pasar unha entretida tarde entre libros e historias de literatura infantil e xuvenil, coma sempre, foi un pracer escoitala: "ler para ser, non so para saber". Graciñas por vir e por estar!

Lecturas con F... Na Galiña Azul!

O pasado 22 e 23 de abril, para conmemorar o Día do Libro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria (16 nenos e nenas voluntarios/as) foron compartir contos e historias cos pequenos e pequenas da Galiña Azul. Pasamos uns momentos ben bonitos e entrañables na mellor das compañías e cun público do máis respectuoso e atento. Esta actividade está encadrada no programa Bibliotecas Solidarias do que formamos parte por primeira vez este ano. Foi unha experiencia para repetir!

Títulos mercados co premio do Club de Lectura

Velaquí podedes ver os títulos dos libros que mercamos e que foron propostos polas aulas de 4º, 5º e 6º. Aumentamos os nosos fondos bibliográficos grazas ao premio do Ministerio ao noso club de lectura "Faragullas de papel".

 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña