arquivo

Premios Clubes de lectura escolares correspondientes al curso 2022-2023

Hoxe temos unha gran nova, fomos gañadores do terceiro premio correspondente aos "Premios Clubes de lectura escolares correspondientes al curso 2022-2023" do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Aquí tedes un vídeo do Roteiro literario Volverás Golfiño para que vexades que ben o pasamos!

Formación de usuarios

Comezamos o mes de setembro ordeando, revisando mochilas viaxeiras, catalogando, arranxando e, como non, formando ao alumnado no uso da biblio. Aquí mostramos uns dos momentos nos que lles estamos lendo aos pequenos e pequenas de 1º de Educación Primaria o libro "O increíble neno devorador de libros" de Oliver Jefferson. Animámosvos a coñecelo! 

 

 

 

Biblio aberta!

Dendo o luns xa está a nosa biblio chea de vida! 

Primeiro programa de radio deste curso!

Aquí vos deixamos o primeiro programa de radio deste curso 23/24, un programa moi especial xa que anuncia que gañamos o 3º premio nacional polo club de lectura "Faragullas de papel"! Animádevos a participar nel seguindo as instrucións que vos dan a continuación algúns dos seus membros. 

Campaña de captación "Tecedoras de versos"

Para animar aos nenos e nenas de 4º de EP a anotarse no club fomos polas clases coas listas e lendo o conto de Maruchi.  Tecemos versos? Ganduxamos coma Maruchi? 

Animándonos a participar no club de lectura

O 9 e 10 de outubro de 2023, varias alumnas de 6º de educación primaria que partiparon no club de lectura "Faragullas de papel" no curso 2022-2023 viñeron animar ao alumnado de 5º de educación primaria a que participasen este curso no club. Léronlle un libro titulado "Cando leo" de Eva Mejuto para que os nenos e as nenas de 5º de primaria descubrisen o que pasa cando len.

Estas alumnas foron: Carmen e Sabela Budiño de 6ºA; Mara, Alejandra e Cayetana de 6ºB e Ainara de 6ºC.

Moitas grazas por esta labor!

 

Elas contan historias

O luns 16 de outubro, celebramos o Día das Escritoras a traveś da nosa actividade "Elas contan historias". Cada grupo escolleu a unha escritora e unha das súas historias para ir lerlla a outra clase do mesmo nivel. A cambio, a outra aula debía elaborar unha folla de outono (aproveitando a estación) incluíndo unha fotografía e información sobre a escritora da historia que lle leron. 

Aquí podedes ver os resultados da nosa actividade!

Espero que vos guste!

 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña