arquivo

O primeiro Consello da Infancia

O 11 de outubro de 2023 levamos a cabo o primeiro Consello da Infancia deste curso 2023/2024. Nel, desvelamos o título e a temática do noso PDI deste curso, "Todas e todos temos unha historia que contar". Os representantes do Consello da Infancia estiveron analizando unhas fotografías misteriosas que apareceron pegadas polos corredores do cole. 

Premiados/as no día das Bibliotecas Escolares

Como é de costume, no día das Bibliotecas Escolares, celebrado o 24 de outubro de 2023, entregamos uns agasallos aos alumnos e ás alumnas máis lectoras do curso pasado. Neste curso os premiados foron: Mara (6ºB), Sebastián (3ºA) e Alba (6ºB).

Noraboa a estes/as compañeiros/as! Moi merecidos estes premios!

 

 

Concurso de logos para o PDI "Todas e todos temos unha historia que contar"

Convocamos o concurso de logos para representar o noso proxecto de centro "Todas e todos temos unha historia que contar". O logo escollido representará o noso proxecto e todas as actividades que se fagan dentro del.

Para participar, só tedes que descargar o formato de logo adxunto nesta publicación ou ben facelo vós (é un círculo sinxelo) e logo entregarllo ao voso/a mestre/a. Todos os logos serán publicados na páxina web e expostos na biblioteca.

Ademais, non vos esquezades de mirar as recomendacións para facer un logo. Son moi útiles para elaborar o noso logo!

É importante entregalo antes do 30 de novembro.

Animádevos a participar!

 

Primeira xuntanza de Faragullas

Onte tivemos a primeira reunión do club de lectura "Faragullas de Papel" do que formamos parte este ano 31 nenos e nenas de 5º e 6º e catro profes. Falamos do premio que nos diron e entregamos unhas pulseiras co símbolo do infinito que representan as nosas infinitas ganas de ler.  Ademais presentámonos, explicamos algunhas normas de funcionamento, dimos a coñecer os libros deste trimestre e algunhas das súas actividades e explicamos brevemente o uso de plataformas de lectura en liña como E-LBE ou Galicia.Le.

Entrega dos premios do Club de Lectura

Estamos moi contentos e contentas porque, dende o colexio, fomos ás entregas do terceiro premio do Club de Lectura a Santiago de Compostela e a Madrid.

É importante agradecer este traballo a todos/as os/as profes que participaron nesta pequena familia de Faragullas de papel: Lidia, Marta Maceira, Patricia, Alberto e Nicole, pero, sobre todo, a todos/as os/as nenos/as de 5º e 6º de educación primaria do curso 22/23. Sen a participación de todo este alumnado sería imposible conseguir este premio.

O premio é voso!

 

Comezamos cos acompañamentos lectores

Na semana do 6 ao 10 de novembro comezamos cos acompañementos lectores no noso cole. Dende o equipo de biblioteca, mandáronse unhas recomendacións para os acompañantes e os/as acompañados/as coa finalidade de favorecer eses encontros lectores.

 

acompañamentos lectores

Programa de radio sobre o Día das Escritoras e sobre Begoña Oro.

O alumnado de 5ºB de Educación Primaria elaborou un programa de radio sobre o Día das Escritoras. A maiores, incluíron información sobre Begoña Oro, a escritora do libro "Poesías para ser feliz como una perdiz" que llo leron os/as compañeiros/as de 5ºA na hora de ler.

Espero que vos guste!

 

Programa de radio sobre o Magosto de 5ºB

Varios/as nenos/as de 5ºB contaron a historia do Magosto no seu programa de radio. A maiores, incluíron palabras do Magosto e recomendacións lectoras da biblioteca.

Espero que vos guste!

 

Primeira reunión do club de lectura de persoas adultas

Nesta primeira reunión do club de lectura de persoas adultas as 11 persoas que conformamos o club (seis nais e cinco mestras) estivemos falando sobre a lectura, puxémoslle nome ao club, recordamos os usos da plataforma Galicia.le e realizamos chapas identificativas. Ademais repartimos os libros que nos prestaron dende o CRA de Culleredo (aos que dende aquí llee queremos agradecer enormemente o seu xesto desinteresado). Somos MILLFOLLAS DE PAPEL, nome que está relacionado coas nosas queridas e miúdas Faragullas de papel (o club infantil) e tamén co pan, o sello identificativo de Carral. Aquí vos deixamos unhas imaxes.

 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña