Radio Pingüi
Programa de radio polo 25N
O venres 24 de novembro todo o colexio escoitamos o programa sobre o 25N, o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, levado a cabo polo alumnado de 6º curso de educación primaria. A maiores, neste programa aparece un bonito poema recitado polas nenas e nenos de 2ºC de educación primaria.
Esperamos que vos guste!
Programa de radio sobre o Magosto de 5ºB
Varios/as nenos/as de 5ºB contaron a historia do Magosto no seu programa de radio. A maiores, incluíron palabras do Magosto e recomendacións lectoras da biblioteca.
Espero que vos guste!
Programa de radio sobre o Día das Escritoras e sobre Begoña Oro.
O alumnado de 5ºB de Educación Primaria elaborou un programa de radio sobre o Día das Escritoras. A maiores, incluíron información sobre Begoña Oro, a escritora do libro "Poesías para ser feliz como una perdiz" que llo leron os/as compañeiros/as de 5ºA na hora de ler.
Espero que vos guste!
Primeiro programa de radio deste curso!
Aquí vos deixamos o primeiro programa de radio deste curso 23/24, un programa moi especial xa que anuncia que gañamos o 3º premio nacional polo club de lectura "Faragullas de papel"! Animádevos a participar nel seguindo as instrucións que vos dan a continuación algúns dos seus membros.
Programa de radio "Día do medio ambiente" 3ºB
Un novo podcast neste caso relacionado co día do medio ambiente que se celebra o 5 de xuño.
Programa de radio "Cans sen raza" de 3ºB
O día 28 de maio celébrase o día dos cans sen raza e dende a clase de 3ºB quixemos facerlles a nosa pequena homenaxe. Se non se escoita o noso audio na pista de Sound Cloud podedes reproducilo picando AQUÍ.
Podcast de premio!!
Comprácenos comunicar que fomos agraciados no V Concurso de Podcats Radio na Biblio, na modalidade alumnado de 3º a 6º Primaria.
Este ano o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas é Francisco Fernández del Riego e no podcast titulado "Camiño andado" podedes achegarvos á súa figura.
Parabéns a todos os participantes que posibilitaron que este recoñecemento fora posible.
Na seguinte ligazón podedes acceder á resolución https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39904.
Podedes escoitar o Podcast: "Camiño andado" no arquivo adxunto e na nosa canle de SoundCloud. Agardamos que o desfrutedes, tanto coma nós!
Formación en radio do alumnado de 4º de EP
Este martes 18 e mércores 19 de abril os tres grupos de 4º de EP tiveron a formación en radio con Denís Losada de Radio Espora. Aquí vos deixamos unhas imaxes da charla con todos e todas e das sesións en pequeno grupo que se levaron a cabo. Aprenderon a usar a mesa de mesturas, os micros, o Audacity... e moitas outras competencias orais e escritas que son necesarias para facer unha boa locución. Hai futuro radiofónico no cole!
Se queredes ver máis fotos podedes consultar o blog de 4º picando AQUÍ.