arquivo

ENCONTROS CON MARÍA CANOSA

A escritora María Canosa estivo compartindo co alumnado de 3º de Primaria uns momentos literarios. María é autora de varios libros que podedes atopar na biblio como "Acuario" de Edicións Embora ou "Muriel" Premio Merlín de Literatura Infantil 2017 da Editorial Xerais. Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

LIBROS DA EDITORIAL PINGÜI

Xa podedes ver on line os libros da Editorial Pingüi deste curso. Aquí aparecen "O LIBRO DOS GATOS" feito polo alumnado de 1º A, B e C,  o "LIBRO DO CORPO HUMANO" do alumnado de 2º A e B e o "LIBRO DOS PEIXES" de 5º A e B de EI. Son interactivos con Realidade Aumentada a través de HP Reveal e códigos QR. Conforman o produto social relevante resultado de proxectos de investigación levados a cabo nas aulas. En breve poderedes velos en papel e collelos tanto na nosa biblioteca como na Biblioteca Municipal. Para facer os libros máis grandes picade nos cadrados do centro da imaxe.  

 
 
 

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN DE 6º A

O alumnado de 6º A estivo investigando sobre os diferentes países da UNIÓN EUROPEA e o seu produto final foi o seguinte mapa interativo feito coa ferramenta de Google "My Maps". Pica nos globos para descubrir a información que recopilaron.

RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Compartimos con todos e todas o seguinte muro interactivo onde poderedes atopar moitas actividades relacionadas coa homenaxeada o día das Letras Galegas. Vide pola biblioteca a xogar nos ordenadores ou na PDI se queredes, estámosvos esperando! Ademais poderedes atopoar moitas das obras da autora na exposición de libros da entrada. 

Hecho con Padlet

LETRAS GALEGAS 2018

Aquí vos deixamos uns anacos do festival que realizamos polo día das Letras Galegas organizado dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Picade nos iconos da imaxe para acceder aos vídeos das actuacións.

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña