Skip to Content

arquivo

CARRAL E AS SÚAS PARROQUIAS

Recopilación de fotos de Carral feita pola aula de 6º B en colaboración coas familias dentro do PDI do centro. 

JOSÉ CARDOÑA E A BREXA

O alumnado de 1º A e B fixo unha saída didáctica pola contorna. Primeiro visitamos unha exposición na Biblioteca Municipal da man do encargado de Cultura, Carlos Lorenzo, que nos ensinou moitas cousas sobre a arte da fotografía e sobre a vida e obra do fotógrafo José Gestal "Cardoña" afincado en Carral. Despois da man de Mónica visitamos A Brexa, alí recollimos moitas mostras de flora autóctona para realizar o noso herbario. En todo momento estivemos acompañados pola Policía Local. Moitas grazas a todos e todas por colaborar!

VISITA DE ADRIÁN MORGADE

Dentro dos encontros con autores, a Editorial Xerais achegounos a Adrián Morgade para que os nenos e nenas de 2º de EP coñeceran de primeira man ao autor de Xinfu. O alumnado, que xa tiña lido o libro, puido desfrutar do proceso de creación do seu autor en torno á banda deseñada. Aquí vos deixamos unhas imaxes do momento. 

ENGLISH AROUND CARRAL

Traballo elaborado polas mestras de Inglés para o PDI do centro. O alumnado, baixo a súa guía, recopilou un montón de palabras que os rodean na contorna e que están escritas na lingua inglesa. O resultado final das súas búsquedas está exposto na cortiza da biblio. Aquí vos deixamos unha mostra. 

CONCELLEIROS POR UN DÍA

O alumnado de 5º de EP estivo traballando o tema relacionado coas institucións e a participación democrática dentro do PDI. Visitaron o Parlamento e o Concello de Carral. No Concello fixeron un Pleno Infantil. Cada clase creou tres partidos políticos cos seus respectivos representantes, cada grupo fixo as súas porpostas e realizouse a votación. Aquí podedes ver algús destes momentos e o flamante alcalde infantil que recolle o bastón de mando do alcalde electo.

O xornal A Opinión fíxose eco desta actividade. Para vela na páxina orixinal picade AQUÍ. 

XA ESTÁN AS POESÍAS NAS PANADARÍAS!

Xa podedes mercar pan e levar un poema nas seguintes panadarías colaboradoras: 

- PANADARÍA CAÑÁS.

- PANADARÍA BONOME.

- PANADARÍA DA CUNHA.

- PANADARÍA DO PINCHO.

- PANADARÍA INSUA.

- PANADARÍA JAIME MATA.

- PANADARÍA MANUEL RODRÍGUEZ E HIJOS.

- PANADARÍA MERCEDES.

- PANADARÍA PARAÍSO.

- PANADARÍA PEDRO FERNÁNDEZ.

. PANADARÍA ZAPATA.

 

LEDICIA COSTAS, VISITAS DE AUTORAS.

O alumnado de 5º e 6º estivo lendo os libros da autora galega, Ledicia Costas, da Editorial Xerais: "A Señorita Bubble" e "As peripecias de de Extravaganzza Pérez". Este último libro narra a historia dunha nena que nace con gafas e rodeada de animais. Os seus pais son zoólogos! Os rapaces e rapazas de 6º estiveron traballando sobre as personaxes, clasificaron os animais e prepararon ilustracións para a visita de Ledicia. Este encontro foi moi fructífero, a autora contoulles moitas cousas e sacou fotos no photocall creado para a ocasión. Ademais tivo que xogar ao xogo "Buscando a Extravaganzza". Velaí unhas imaxes destes momentos.  

“As peripecias de Extravaganzza Pérez” from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

INSTALACIÓN ARTÍSTICA "VILA IMAXINARIA"

Aquí deixamos un resumo do que foi a instalación deseñada dentro do traballo de Fin de Máster por Noemi Vázquez no edificio Toñito Espiñeira. Foi unha experiencia moi bonita co paso do tempo en persoas e edificios e con referentes cercanos e internacionais. Moitísimas grazas a todas as familias pola visita e por participar. Sobre todo, parabéns a eses pequenos e pequenas artistas de Carral!

INSTALACIÓN ARTÍSITCA VILA IMAXINARIA from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

O CASTRO DAS TRAVESAS

O alumnado de 3º A e 3º B estiveron investigando sobre o Castro das Travesas dentro do PDI do centro. Aquí vos deixamos unha mostra do seu traballo exposto na feira cultural que celebramos o día 14 de Maio. 

A CULTURA CASTREXA from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.